PUBLICIDADE

Padrón combina mañá tradición relixiosa, música e xantar no San Xoán do Raio

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, fala cos asistentes ao xantar para maiores na celebración do ano pasado do San Xoán do RaioO alcalde de Padrón, Anxo Arca, fala cos asistentes ao xantar para maiores na celebración do ano pasado do San Xoán do Raio

A festividade de San Xoán do Raio comeza mañá, ás 11:45 horas, coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón nunha celebración que contará coa musica da Coral Val do Sar, Ad Libitium, V-Roc ou UYF’75

O Concello de Padrón celebra, mañá martes 6 de maio, a tradicional festividade de San Xoán do Raio, unha cita con fonda raíz popular e relixiosa que inclúe actos solemnes, música e un xantar de confraternidade para maiores.

A xornada dará comezo ás 11:45 horas coa recepción oficial das autoridades no Concello de Padrón. Ás 11:55 horas terá lugar a procesión do santo patrón ata a igrexa parroquial de Santiago de Padrón, acompañada polo grupo folclórico Rosalía de Castro.

A continuación, celebrarase unha misa solemne ás 12:00 horas, que será cantada pola Coral Val do Sar, e ás 12:45 horas, a praza Macías acollerá a actuación do dúo de acordeóns Ad Libitum. O tradicional xantar de confraternidade para maiores de 60 anos celebrarase no Hotel Scala ás 14:30 horas e estará seguido dun animado baile.

PUBLICIDADE

A parte musical continuará pola tarde e a noite no Campo do Souto, cunha actuación do grupo V-Roc ás 20:00 horas, e ás 21:30 horas será a quenda do grupo padronés UYF’75 (Unión y Fuerza), que celebra este ano o seu 50 aniversario.

Dende o Concello de Padrón anímase a toda a veciñanza a participar nesta celebración tan especial, que une devoción, tradición, baile e música para todas as idades.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.