PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Instalan no Pico Sacro un tótem informativo sobre o cuarzo

O novo panel informativo instalado no Pico Sacro permite acceder a toda a información sobre o cuarzoO novo panel informativo instalado no Pico Sacro permite acceder a toda a información sobre o cuarzo

O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Cámara Mineira na instalación deste tótem informativo, remata así un ano no que renovou e mellorou toda a sinaléctica do Pico Sacro

O Pico Sacro conta dende o pasado 10 de decembro cun tótem informativo sobre o cuarzo, mineral abundante nesta zona. Este panel informativo, inatalado polo Concello de Boqueixon, a Cámara Mineira de Galicia coa colaboración coa Consellería de Economía e Industia, vén a completar o traballo do Goberno local durante un ano para renovar e mellorar toda a sinaléctica da contorna do Pico Sacro.

O novo tótem está instalado ao carón do aparcamento e xunto ao principal panel turístico da zona, e do mesmo xeito que no resto dos tótem informativos colocados na contorna do Pico Sacro, este tamén conta cun código QR que dá acceso a un vídeo didáctico no que se pode obter máis información sobre a presenza deste mineral no monte Ilicino.

“Este ano o ciclo Un mes e pico estivo dedicado á xeoloxía e nel puxemos en valor a singularidade xeolóxica que supón o Pico Sacro: unha montaña de cuarzo nun territorio caracterizado polo granito“, explicou o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro tras a instalación do tótem.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O tótem refírese ao Pico Sacro como patrimonio mineiro de Galicia xa que é o punto máis elevado dun dique de cuarzo de 9 quilómetros de lonxitude, un filón que supón un elemento único da xeoloxía e da minería galegas.

O Pico Sacro e a orixe do dique de cuarzo

Este dique de cuarzo do Pico Sacro orixinouse ao final do período xeolóxico denominado cabonífero, hai uns 300 millóns de anos, debido a unha falla xeolóxica na que penetraron fluídos ricos en sílice que depositou o cuarzo. De feito, o camiño da Raíña Lupa conforma un pequeno corte no dique de cuarzo que permite atravesalo dun extremo ao outro.

Así, coa instalación deste tótem no Pico Sacro, o Concello remata un ano de traballos de mellora dunha sinaléctica que se atopaba nun deficiente estado debido ao paso do tempo. A principios do 2024, o Concello, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, incorporou tres grandes paneis informativos en tres idiomas (galego, español e inglés) e outros cinco postes con pequenos códigos QR sobre os distintos lugares de interese.

Uns códigos que tamén se incorporaron aos tres principais paneis informativos. O primeiro deles, O Pico Sacro, A primeira tumba do Apóstolo, emprazado ao carón do novo tótem da Cámara Mineira de Galicia. Nel infórmase sobre as covas do Pico, a fenda que divide o cumio, o castelo do Pico e o monte Ilicino como miradoiro. O segundo panel está dedicado á Capela de San Sebastián, estando emprazado ao seu carón. E o terceiro está situado no cumio do Pico Sacro e consta dunha gran fotografía panorámica na que se identifican vilas, trazados de Camiños Xacobeos, as torres da Catedral…

O tótem sobre o cuarzo instalado no Pico Sacro
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.