PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Os Premios Paraugas conceden o Ouro á campaña ‘El robo del año’ de Estrella Galicia

Os Premios Paraugas 2024 recoñeceron os mellores traballos da comunicación e da publicidade nunha gala no Teatro Jofre de FerrolOs IX Premios Paraugas, que foron entregados no ferrolán Teatro Jofre, son o recoñecemento do Clúster da Comunicación aos mellores proxectos creativos do ano

Os IX Premios Paraugas, que foron entregados no ferrolán Teatro Jofre, son o recoñecemento do Clúster da Comunicación aos mellores proxectos creativos

Os IX Premios Paraugas 2024 aos mellores proxectos de comunicación do ano, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia, foron entregados o pasado 22 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol, e coa que a industria galega da comunicación celebra a súa noite grande.

Axencias e empresas de a comunidade achegaronse ata o teatro para desfrutar dunha gala na se premiaron un total de 18 proxectos nas diferentes categorías nas áreas de comunicación, márketing, publicidade ou eventos que destacaron pola súa innovación, creatuividade, funcionalidade, boas prácticas e resultados obtidos ao longo do ano.

Un dos premios máis destacados, o Paraugas de Ouro, foi para a campaña El robo del año coa que Estrella Galicia sorprendeu na última noitevella, unha idea das axencias Imaxe e Próxima.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Premio do Público deste IX Premios Paraugas, que se entregou por primeira vez nesta edición, foi para Xulia Vicente pola campaña O que nada ten, nada lle falta. Vicente recibiu tamén o galardón de Novos Talentos, nun acto de entrega dos premios que estivo conducido polos presentadores Duarte Galbán e Marita Martínez.

Un dos momentos máis emotivos da gala da comunicación e a cultura foi a entrega dos Premios Paraugas Honoríficos, un recoñecemento á traxectoria da xornalista viguesa María Rey, en Comunicación, e aos creativos Marta Rico e Miguel García Vizcaíno na categoría de Creatividade.

Na entrega dos IX Premios Paraugas da Comunicación tamén estiveron presentes distintas institucións e patrocinadores, mostrando o seu apoio a unha industria que non deixa de medrar e crear emprego e innovación en todos os eidos.

Jose Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, abriu a gala como anfitrión da cidade, á que tamén asistiron, entre outros, Pedro Rojo, secretario xeral de Medios da Xunta; Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación ou Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.