PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xunta, Ferrol e Autoridade Portuaria avanzan cara a creación dun ZAPES

PorBisbarra

Luns, 25 Novembro 2024 , ,
Lorenzana, Rey Varela, Barea, Aneiros e Ardao reuníronse para abordar a creación do ZAPES.Lorenzana, Rey Varela, Barea, Aneiros e Ardao reuníronse para abordar a creación do ZAPES.

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse co alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea. O obxectivo do encontro era avanzar na implantación das novas medidas de aceleración de solo industrial. Neste sentido, abundaron na creación dunha Zona de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo (ZAPES).

Na xuntanza tamén estiveron presentes a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros. Alí, a conselleira explicou que a previsión é que “no primeiro trimestre do 2025 estea formulada a estrutura deste novo ZAPES”. Neste sentido, avanzou que a tramitación depende de que se faga ese Consorcio polas empresas. Non obstante, a titular de Economía e Industria calcula que “un ano e medio a partir da constitución é suficiente para que estea tramitado”.

Segundo explicou a conselleira, con esta reunión “damos un paso máis tendo en conta que para o desenvolvemento industrial necesitamos máis solo empresarial”. Por iso, “é imprescindible comezar a empregar as novas figuras de aceleración”, subliñou.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
O ZAPES permitirá reducir de dez a os a ano e medio o trámite de proxectos empresariais.
O ZAPES permitirá reducir de dez a os a ano e medio o trámite de proxectos empresariais.

A FIGURA DO ZAPES

Esta figura está recollida na Lei de Medidas Fiscais e Administrativas que acompaña aos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. Foi “creada para os empresarios que teñen que empezar xa e para as comarcas coma esta onde de xeito inmediato temos que dar axilidade e facilidade de solo ás nosas empresas”, subliñou Lorenzana.

Así pois, permite tramitar proxectos empresariais de maneira simultánea aos plans urbanísticos. Así, autoriza crear “pequenos polígonos á medida nun tempo que pasa dos dez anos de espera actuais a só un ano e medio”, destacou a conselleira.

Lorenzana destacou que se trata dunha medida que pode resultar moi acaida para o Concello de Ferrol, non só pola falta de solo dispoñible, senón polo potencial de Ferrol e a súa comarca. Así pois, salientou a relevancia da zona “desde o punto de vista industrial e especialmente desde o punto de vista do desenvolvemento das enerxías mariñas e do almacenamento enerxético e no ámbito loxístico”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.