PUBLICIDADE

Somos Pandeireteiras aposta pola creación colectiva para garantir a transmisión do galego

Segunda xornada de Somos Pandeireteiras, organizada pola asociación que leva o mesmo nombre e que se desenvolveu no Auditorio de GaliciaSegunda xornada de Somos Pandeireteiras, organizada pola asociación que leva o mesmo nombre e que se desenvolveu no Auditorio de Galicia

A asociación desenvolveu no Auditorio de Galicia co gallo das Letras Galegas a segunda xornada de Somos Pandeireteiras, na que un cento de tocadoras puxeron sobre a mesa e debateron sobre o seu papel como transmisoras da lingua galega e das súas falas

A asociación de mulleres tocadoras Somos Pandeireteiras celebrou este sábado, Día das Letras Galegas, unha xornada pública de encontro e foliada na que un cento de mulleres tocadoras abordaron o seu papel como transmisoras da lingua galega e das falas e trazos dialectais de cada territorio.

Sobre o escenario da sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, as pandeireteiras, chegadas de distintos puntos do país, trataron en colectivo os retos comúns como tocadoras e integrantes de asociacións, e a cuestión de como enfocar, de cara ao futuro, a transmisión e o respecto pola cultura e a lingua.

A presidenta da asociación Somos Pandeireiteiras, Gisela Sanmartín, foi a responsable de dar a benvida á xornada cunha intervención na que comezou dando as grazas “a todas as mulleres pandeireteiras que mantiveron vivas as nosas falas; pois non temos unha soa, senón tantas como as aldeas e lugares que habitaron e seguen a habitar”.

PUBLICIDADE

Neste sentido, salientou a presenza nesta xornada de Dina e Otilia, tocadoras de Chaín, así como das pandeireiteiras bergantiñás Carmen e Ermitas, que participaron na primeira edición de Somos Pandeireiteiras celebrada en Carballo no ano 2021. “Grazas a vós, e as que nos precederon, hoxe falamos galego”, incidiu Gisela Sanmartín.

Deseguido, a vicepresidenta da asociación, Mercedes Peón, tomou a palabra para expoñer o marco e as cuestións que se tratarían ao longo da xornada. Partindo da afirmación de que as tocadoras foron e son transmisoras de lingua galega, o cento de participantes analizou e compartiu as problemáticas que atopan á hora da transmisión das coplas e especialmente das falas, as metodoloxías que se poden empregar, ferramentas para favorecer a transmisión e o papel da educación e da divulgación nas escolas e nos escenarios.

A continuación, a xornalista Pilar García Rego moderou unha conversa coa xunta directiva de Somos Pandeireteiras (Gisela Sanmartín, Mercedes Peón, Ana Fernández e Mar da Bouzas), na que se abordaron os retos individuais e colectivos como tocadoras, e na que se expresou “a necesidade de tecer redes e comunidade”, así como co desexo de que “este subidón de ferreñas por mor do 17 de maio non oculte os preocupantes datos sobre o descenso de galegofalantes”.

Segunda xornada de Somos Pandeireteiras, organizada pola asociación que leva o mesmo nombre e que se desenvolveu no Auditorio de Galicia

As históricas tocadoras de Chaín, Digna Pérez Pérez e Otilia Mouriño Álvarez, foron as seguintes en conversar con Pilar García Rego sobre o seu sentir como pandeireiteiras, e salientar experienccias
como tradición local das Festas das Casas, logo de botar unhas coplas que emocionaron ás
asistentes da xornada.

O encontro, celebrado co apoio do Concello de Santiago a través de Compostela Cultura, continuou con catro mesas redondas moderadas por tocadoras, lingüistas, filólogas ou educadoras (Icía Sanmartín, Lupe Blanco, Icía Varela e Maruxa Mascuñana) e nas que participaron as escritoras Lucía Aldao, Paula Carballeira, Ánxela Lema e Nuria Vil. Estas foron as responsables de pechar a xornada coas conclusións tomadas arredor dela e que se poderán ler, proximamente, nunha publicación; e dar paso, a unha gran foliada aberta á cidadanía, celebrada no interior do Auditorio de Galicia.

Segunda xornada de Somos Pandeireteiras, organizada pola asociación que leva o mesmo nombre e que se desenvolveu no Auditorio de Galicia
    PUBLICIDADE

    PorBisbarra

    Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.