PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Son do Camiño trae a Compostela a Kings of Leon, Duki, Frand Ferdinand ou Estopa

PorBisbarra

Martes, 17 Decembro 2024 , ,
O público nun dos concertos da pasada edición do Son do Camiño no Monte do Gozo o pasado mes de xuño (Foto:Mónica Montero)O público nun dos concertos da pasada edición do Son do Camiño no Monte do Gozo no mes de xuño (Foto:Mónica Montero)

O Son do Camiño vén anunciar o primeiro avance do cartel do festival e no que tamén se subirán aos escenarios Amaral, Bad Gyal, Kase O, Steve Aoki ou Carolina Durante

O Son do Camiño 2025 de Santiago vén de presentar parte do cartel, aínda sen pechar a falta de algunhas confirmacións, das formacións e cantantes que se subirán aos escenarios do Monte do Gozo os vindeiros 12, 13 e 14 xuño de 2025, e que polo de agora, segundo este primeiro adianto contará con 38 artistas, con 23 bandas nos escenarios principais e 16 DJ’s no escenario Son Electro dedicado á música electrónica.

Así, o Son do Camiño 2025, tras esgotar os 25.000 Abonos Fieis en poucas horas, e sen coñecer os artistas que ían participar, o pasado 19 de novembro, anunciou hoxe un festival multi xeracional no que, polo de agora, o cartel contempla as actuacións de Kings of Leon, Duki, Frand Ferdinand, Estopa, Bryan Adams, Bad Gyal, Steve Aoki, Mikel Izal, Carolina Durante, The Rapants, Galician Army ou os Dj’s Adiel, Andrés Campo, Bárbara Lago ou Honey Dijon, entre outros.

O Son do Camiño 2025, tras avanzar parte do cartel dos grupos e cantantes que se subirán aos escenarios o vindeiro xuño, tamén adiantou que os abonos para esta nova edición poñeranse á venda o vindeiro xoves 19 de decembro dende as 11:00 horas, que se poden adquirir na páxina oficial do Son do Camiño dende 135 euros (gastos de xestión e IVE incluídos).

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.