Medio Ambiente vén de asinar un convenio coa Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide, que forma parte do 62 acordos para promover a conservación e coidado dos ríos galegos
A Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático veñen de asinar un convenio de colaboración, mediante o cal ambas institucións reforzan os traballos e fomentan a conservación e coidado, neste caso do río Furelos, dos espazos fluviais galegos.
Este acordo coa Asociación de Troiteiros Río Furelos forma parte dos 62 que o departamento da Xunta está a formalizar coas entidades de pesca fluvial galegas, co fin de promover labores de conservación e limpeza dos ríos da súa área de influencia, e tamén para impulsar a práctica deportiva entre a xente nova, promovendo ao tempo a remuda xeracional.
O acordo coa Asociación de Troiteiros Río Furelos ten vixencia ata o mes de decembro de 2028, e tamén prevé a realización de actividades como traballos de mantemento e limpeza das marxes dos ríos antes, durante e despois da tempada de pesca, labores de vixilancia nos coutos da súa área de influencia, a sinalización de tramos de pesca, o coidado de sendas, accesos e postos de pesca ou a organización de concursos ou actividades coas que promover esta práctica entre a cidadanía, principalmente entre os máis novos.
Este acordo coa Asociación de Troiteiros Río Furelos, e os 62 asinados, tamén inclúen, entre outras actuacións, a celebración de xornadas para a erradicación de especies exóticas invasoras, actividades para potenciar a protección da fauna ictícola e do medio natural e accións como a colaboración na elaboración de mostraxes e inventarios.