A Carreira Pedestre A Batalla de Cacheiras 2026, que se disputa o vindeiro 10 de maio no concello de Teo, vén de abrir o seu prazo de inscrición para esta nova edición dunha proba popular que congrega todos os anos a centos de deportistas. Os interesados poden formalizar as suas inscricións, a través da web emesports.es, ata o 6 de maio.
A carreira pedestre discorre polas zonas senlleiras que lembran os acontecementos históricos da Batalla de Cacheiras, aontecidos o 23 de abril de 1846. Faino polos camiños nos que as tropas do xeneral De la Concha avanzaron para enfrontarse ao exército sublevado, liderado polo xeneral Solís. Uns camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras.
Poderán participar atletas federados e non federados, aínda que haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira realizarao o Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Todas as categorías están abertas a persoas con diversidade funcional, se ben, deberán adaptarse ás condicións existentes para cada circuíto. As persoas con discapacidade poderán realizar a proba acompañadas sempre que o precisen.
Recollida de dorsais e camiseta conmemorativa da carreira pedestre
A recollida de dorsais e camiseta conmemorativa será o sábado, 9 de maio, no Departamento de Deportes do Concello de Teo (Trav. Ramallosa, n.º 38 – Lucí) en horario de 10:00 a 13:00 horas, ou ben o mesmo domingo da proba, a partir das nove da mañá e ata media hora antes do comenzo das carreiras, no lugar da liña de meta, en Cacheiras.
A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas ao pé da Reitoral de Bamonde e rematará en Cacheiras. As probas escolares comezarán a partir das 10:30 horas e celebraranse no aparcadoiro do cemiterio de Cacheiras. A entrega de trofeos terá lugar a partir das 13:30 horas.



