A LXXI Copa Calleja de tenis, que organiza el Club Tenis Ferrol, terá lugar do 25 de xullo ao 2 de agosto, e nesta edición disputarase a primeira Copa Calleja feminina Memorial Mabel García
A Copa Calleja de tenis botou a andar esta mañá coa presentación da súa 71ª edición, unha vez pechadas as inscricións, nun acto que se desenvolveu nas instalacións do organizador Casino Ferrolano Tenis Club. Nesta edición o torneo contará coa participación de preto de 180 deportistas.
A Copa Calleja, torneo homologado e decano de Galicia, disputarase na categoría masculina absoluta do 25 de xullo ao 2 de agosto e reparte un total de 11.000 euros en premios. E, a gran novidade deste ano, como anunciaron durante a presentación, é a organización da primeira edición da Copa Calleja de tenis feminina Memorial Mabel García.
Durante a presentación da Copa Calleja, a delegada territorial da Xunta en Ferrolterra, Martina Aneiros, que estivo acompañada polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e polo presidente do Casino Ferrolano Tenis Club, Alberto Vázquez, destacou o apoio decidido do Goberno galego a este evento deportivo de gran relevancia na nosa cidade, así como o seu compromiso co fomento do deporte a todos os niveis.
Ou alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, asegurou que “Ferrol é unha gran cidade porque ten unha gran historia, e parte da historia da cidade é a tradición polo deporte, a tradición polo tenis, e dentro da tradición polo tenis, sen dúbida, a Cópa Calleja. Un torneo que comezou en 1954, e polo tanto grazas ao impulso do Club de Tenis Ferrol, porque ano a ano o torneo supérase, algo que non é doado, e por iso so podo darvos os parabéns”.
Cremos firmemente que o deporte é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento persoal e comunitario e eventos como a Copa Calleja son unha oportunidade única para fomentar a práctica deportiva e a convivencia entre os participantes, contribuíndo á promoción dos valores do deporte na nosa comunidade” (Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta en Ferrol)
“Este ano é importante destacar que, xunto coa LXXI Copa Calleja masculina, vaise celebrar a I Copa Calleja feminina, Memorial Mabel García, incorporando a participación e competición das mulleres, nun compromiso claro coa igualdade de xénero”, asegurou Aneiros despois do anuncio da organización da I Copa Calleja feminina.





