PUBLICIDADE

A Deputación alíase co COB para reivindicar o baloncesto inclusivo

Foto de famlia da presentación da nova tempada da área social do Club de Baloncesto Ourense (COB)Foto de famlia da presentación da nova tempada da área social do Club de Baloncesto Ourense (COB)

A alianza entre a Deputación de Ourense e do COB permitirá tamén levar o baloncesto aos colectivos sociais, aos centros de menores e ao penitenciario da provincia 

A Deputación e o Club Ourense de Baloncesto (COB) unirán forzas para reivindicar o baloncesto inclusivo e levar este deporte aos colectivos sociais, aos centros de menores da provincia e ao penitenciario do Pereiro de Aguiar, así o acordaron, a primeiros de febreiro, durante a presentación da nova tempada da Área Social do club ourensán.

Unha iniciativa que dende os últimos anos xa é un referente de inclusión social a través do deporte do baloncesto, e que agora apoia la institución provincial a través de diversas colaboracións co Club de Baloncesto Ourense. O obxectivo é o de asegurar que a práctica deportiva vincúlese á formación integral das persoas, así como o fomento da tolerancia e a promoción da acción social.

Así, o programa da nova tempada da área social do Club Ourense de Baloncesto, co apoio da Deputación, chegará ás asociacións e colectivos vulnerables, aos centros de menores da provincia e ao penitenciario do Pereiro de Aguiar, con sesións semanais e diversas actividades fomentando o acceso ao baloncesto.

PUBLICIDADE

A iniciativa tamén permitirá unha vez á semana achegar o deporte aos colectivos máis vulnerables coa Escola Aberta de Baloncesto; e coa organización do Diversi COB, con sesións dirixidas ás asociacións de persoas con diversidades funcional.

Hai que destacar o importante papel do Club Ourense de Baloncesto, non só por formar parte importante da historia do deporte na provincia, tamén con estas iniciativas que fomentan a inclusión social” (Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense)

O presidente provincial, Luis Menor, anunciou durante a presentación que a Deputación xa estuda exportar esta iniciativa do Club Ourense de Baloncesto a outras modalidades deportivas da provincia, achegando outras disciplinas aos colectivos máis vulnerables.

A Deputación de Ourense, explicou Luis Menor, tamén colaborará na adaptación do pavillón provincial Paco Paz para que os partidos sexan máis inclusivos, coa implantación dun sistema de braile para as persoas invidentes, un sistema de pictogramas, unha sala de relaxación para persoas con autismo e outras iniciativas enmarcadas no avance da inclusión social.

O presidente do Club Ourense de Baloncesto, Eduardo Villar, agradeceu a implicación da Deputación nas actividades do COB, e en concreto nesta Área Social. E, definiu este apoio como “o pegamento” que permite levar a cabo este proxecto. Pola súa banda, o adestrador do equipo, Moncho López, agradeceu “ás xeracións de deportistas e afeccionados do club que fixeron que xogar no pazo sexa algo máis que vir a un partido”.

O presidente da Deputación, Luis Menor, durante a presentación do proxecto da Área Social do Club Ourense Baloncesto.
O presidente da Deputación, Luis Menor, durante a presentación do proxecto da “Área Social” do Club Ourense Baloncesto.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.