PUBLICIDADE

A Deputación convoca axudas para deportistas individuais e para a organización de Copas

Aberto prazo para solicitar as axudas para deportistas individuais e organización de Copas da Deputación de OurenseAberto prazo para solicitar as axudas para deportistas individuais e organización de Copas da Deputación de Ourense

O prazo para solicitar as axudas, para deportistas individuais e para a organización das Copas Deputación, remata o vindeiro venres 28 de febreiro

O prazo para solicitar as axudas da Deputación de Ourense, dirixidas a deportistas individuais da provincia e para a organización das Copas Deputación, remata o vindeiro venres 28 de febreiro. As bases de ambas convocatorias de subvencións pódense consultar no BOP: deportistas individuais e organización de Copas

As axudas para a organización das Copas Deputación contan cunha dotación de 90.000 euros. Unhas axudas destinadas á organización, nunha ou varias xornadas, de competicións deportivas que baixo a denominación de Copas Deputación se desenvolvan integramente na provincia de Ourense na actual tempada 2024-2025.

A competición deportiva, ao abeiro das bases das axudas, debe celebrarse como competición exclusiva, non podendo desenvolverse de xeito simultáneo con outras probas, torneos ou eventos deportivos, e deberá figurar de xeito exclusivo a referencia Copa Deputación.

PUBLICIDADE

Tendo en conta que cada disciplina deportiva pode estar dividida en varias modalidades, explica a Deputación nun comunicado, unicamente serán obxecto das axudas un máximo de dúas Copas nas diferentes modalidades deportivas nas que se divide unha disciplina. 

Poderán ser beneficiarias deste programa de axudas as federacións deportivas galegas, a través das súas respectivas delegacións na provincia de Ourense. Se a sede social da federación galega estivese radicada na nosa provincia, ou se esta carecese de delegación en Ourense, poderá realizar a solicitude a propia federación galega, directamente.

Ademais, as federacións poderán encomendarlle a organización da Copa Deputación a unha entidade deportiva domiciliada na provincia de Ourense, sendo esta última a que, neste caso, presente a solicitude. En todo caso, soamente se admitirá unha solicitude por cada Copa Deputación

Axudas para deportistas individuais da provincia

No caso das axudas dirixidas a deportistas individuais da provincia, estas realizarase mediante convotoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de becas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a tempada 2023-2024. O obxectivo destas axudas é o de fomentar a práctica deportiva e incentivar aos deportistas cualificados mediante o recoñecemento da súa traxectoria e rendemento.

A contía máxima dispoñible para a concesión destas axudas é de 40.000 euros, sendo de 3.000 euros como máximo por solicitante.  Poderán concederse subvencións de diferente contía, en función dos méritos e categoría dos deportistas solicitantes.  

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.