A Escola Ayude do Concello de Santiso puxo fin a unha nova tempada coa celebración da xa clásica festa fin de curso, que reuniu ao alumado, ás familias e a simpatizantes no lugar Visantoña-Santiso, berce da Escola de deportes de contacto.
A celebración dispuxo de inchables para os máis mozos e os asistentes gozaron do xantar cunha gran paella e churrasco, durante o cal se fixo unha lembranza dos momentos vividos durante a tempada, e posteriormente entregáronse os premios aos mellores deportistas da Escola Ayude, e que en cada tempada custa máis decidir, pola gran cantidade de éxitos da escola nas diferentes disciplinas que imparte como Kickboxing, loita olímpica, esgrima, boxeo e combatlon.
Os mellores da Escola Ayude de Santiso esta tempada foron: Xiana, Nico, Iara, Iago Suárez, Noelia, Denis, Enma, Iago Edreira, Carlitos, Lucas e Luis Suárez. Este ano tamén, os participantes na clasura do curso contaron con música e karaoke, todo amenizado por un gran amigo da escola, procedente da Rioxa, Jony Escobar.



