A Escola Ayude de Santiso acudiu ao pabellón de Baltar no concello de Sanxenxo para participar no III Memorial Alexander Kachalev de loitas olímpicas, que cada ano atrae a máis deportistas galegos e de todo o territorio nacional. Así, a cita, ineludible para os de Santiso á que acudiu con dous equipos, U17 e U20, contou con clubs da comunidade madrileña e da navarra.
Os alumnos da Escola Ayude, dos concellos de Santiso, Melide e Arzúa competiron ca idea se subir ao caixon e finalmente en U17 acadon o cuarto posto por equipos, mentres que en U20 conseguiron a medalla de prata fronte aos clubs da comunidade madrileña.
Os equipos estiveron da Escola Ayude estiveron formados por Izan Parrado, Iago Suárez e Lara Parrado que actualmente está aloxada no CGTD de Pontevedra combinando a sua formacion académica coa deportiva, grazas a unha beca da Xunta de Galicia. Tamén representaron á escola Sandra Vázquez, Fernanda Medina, Daniel Guerra e Jonatan Mejuto, do concello de Arzúa; Denís Iglesias, Lucas García, André López e Xeila Pardo do concello de Melide; e Noelia Rey do concello de Touro.




