PUBLICIDADE

A Escola Judo Club e o Concello de Boqueixón organizan un obradoiro de defensa persoal

Torneo disputado en Boqueixón organizado polo la Escola Judo Club que xunto ao Concello poñen en marcha o obradoiro de defensa persoalTorneo disputado en Boqueixón organizado polo la Escola Judo Club que xunto ao Concello poñen en marcha o obradoiro de defensa persoal

A Escola Judo Club e o Concello de Boqueixón organizan un obradoiro de defensa persoal de balde para mulleres e mozas do municipio. Terá lugar o venres 28 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas, no ximnasio municipal do Forte. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse previamente no correo electrónico escolajudoclub@gmail.com.

Esta iniciativa está incluída no marco do proxecto Iberdrola Judo Rural e consistirá nunha sesión práctica, segura e adaptada para todos os niveis na que as mulleres participantes aprenderán técnicas básicas de autoprotección, prevención e confianza corporal.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.