PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Gala do Deporte de Teo premia a David Mella e a Ruth Lorenzo

PorBisbarra

Mércores, 8 Xaneiro 2025 ,

A Gala do Deporte tamén fixo un recoñecemento ao exciclista Ezequiel Mosquera, ao Club San Francisco de Teo, a Manuel Tallón, ao Club de Patinaxe Artística e, a título póstumo, a Florencio Buján

A I Gala do Deporte do Concello de Teo, que se desenvolveu o pasado día 3 de xaneiro no auditorio municipal Constante Liste ante unhas 200 persoas, recoñeceu o traballo e o esforzo dos deportistas e dos clubs do concello ao longo da tempada, nun acto presidido pola alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, que contou tamén coa participación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta, José López Campos e que presentou o adestrador e exfutbolista José Luis Míguez, Luisito.

Así, os premiados nesta I Gala do Deporte do Concello de Teo foron o futbolista do Deportivo da Coruña, David Mella, a karateka Ruth Lorenzo, o exciclista Ezequiel Mosquera; o Club San Francisco de Teo; o socio fundador do Club Ciclista Luou-Teo, Manuel Tallón; o Club de Patinaxe Artística Teo; e, a título póstumo, a Florencio Buján, un dos integrantes do primeiro equipo da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo.

A alcaldesa de Teo destacou dos galardonados a súa paixón e decicación a prol do deporte, tanto no eido individual como no colectivo. “Unha paixón moi presente en Teo, un concello que conta con máis de 2.000 deportistas federados“, asegurou Calvo de la Uz e puxo en valor “a importancia do traballo que realizan os clubs na formación dos deportistas, inculcando valores esenciais como o respecto, a responsabilidade, o compromiso e a dedicación”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A primeira de moitas Galas do Deporte

Tamén, agradeceu o traballo realizado polas persoas que sentían un forte vínculo cos seus clubs e o espírito de superación doutros. “Logros e méritos que fan que estes premiados esten hoxe aquí e formen parte da historia do deporte de Teo”, dixo a rexedora ao tempo que anunciou que “esta é a primeira de moitas galas, xa que en Teo hai moito talento do que presumir”.

Premiados e autoridades durante a recepción aos premiados nesta I Gala do Deporte de Teo
Premiados e autoridades durante a recepción aos premiados nesta I Gala do Deporte do Concello de Teo

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.