PUBLICIDADE

A homenaxe aos pioneiros do fútbol sala en Ferrolterra abre o programa do seu 50 aniversaro

Homenaxe aos pioneiros do fútbol sala en Ferrolterra que abre o programa de actividades para conmemorar o 50 aniversario dende que se organizou o primeiro campionatoHomenaxe aos pioneiros do fútbol sala en Ferrolterra que abre o programa de actividades para conmemorar o 50 aniversario dende que se organizou o primeiro campionato

Algúns dos pioneiros do fútbol sala en Ferrolterra organizaron, coa colaboración da Federación Galega de Fútbol, un encontro que reuniu nas instalacións da Escola Naval da Graña a máis dunha trintena de antigos xogadores

Os pioneiros do fútbol sala na comarca de Ferrolterra recibiron, na Escola Naval da Graña, na cidade de Ferrol, unha homenaxe esta tarde, e que abre a ampla programación de actividades para conmemorar o medio século de vida dende a organización da primeira competición na comarca.

As instalacións militares acolleron a disputa dun partido de fútbol sala, promovido por algúns daqueles pioneiros coa colaboración da Federación Galega de Fútbol, que reuniu a máis dunha trintena de antigos xogadores. O programa para celebrar este 50 aniversario tamén inclúe a organización dun enfrontamento internacional, conferencias ou unha exposición fotográfica, rematando o vindeiro mes de outubro cunha gala retrospectiva.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros felicitou aos homenaxeados e puxo en valor a súa aportación ao fútbol sala local, nunha disciplina “cunha gran tradición en Ferrolterra”. A delegada aproveitou para gabar o alto rendemento co que competiron esta tempada o Parrulo Ferrol, que está a disputar a fase de ascenso a Primeira División Nacional, e o Valdetires Ferrol FS, na Segunda División feminina.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.