PUBLICIDADE

Os cursos de iniciación ao surf de Ortigueira se desenvolverán na praia de San Antonio

Os cursos de inciación ao surf do Concello de Ortigueira, dirixidos á mocidade, desenvolveránse na praia de San AntonioOs cursos de inciación ao surf do Concello de Ortigueira, dirixidos á mocidade, desenvolveránse na praia de San Antonio

Os cursos de iniciación ao surf para menores de idade desenvolveranse en varias quendas durante o mes de xullo, ofértanse un total de 36 prazas e os interesados poden inscribirse na piscina municipal de Ortigueira

O Concello de Ortigueira vén de poñer en marcha os cursos de iniciación ao surf dirixidos a persoas menores de idade, de 10 a 17 anos, na praia de San Antonio, en Espasante, e que se desenvolverán durante o mes de xullo en dúas quendas.

Así, ofértanse un total de 36 prazas para a mocidade e dividirase en dúas quendas: do 30 de xuño ao 4 de xullo (18 prazas) e do 7 ao 11 de xullo (18 prazas). Os horarios aínda están pendentes de determinar e o prezo por inscrición é de 12,60 euros.

Os cursos de iniciación ao surf serán impartidos por profesorado titulado e a empresa que o realiza facilitará ao alumnado os traxes de neopreno e as táboas de surf. Unha actividade que dá preferencia aos menores empadroados no municipio, e será imprescindible que saiban nadar. Aínda así, realizanrse probas de natación previas ao curso e poderá non admitirse aos alumnos que non naden adecuadamente.

PUBLICIDADE

As persoas interesadas poderán inscribirse na piscina municipal de Ortigueira ou chamando ao 981 42 20 26, en horario de 10:00 a 12:00 horas. As inscricións pecharanse dous días antes do comezo dos cursos de iniciación ao surf. En caso de ter máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo das mesmas e notificarase ás persoas interesadas, xa que as prazas non se atribuirán por orde de inscrición.

O alcalde do Concello de Ortigueira, Valentín Calvín, anima a mocidade da vila a “apuntarse a esta iniciativa que fomenta o exercicio ao aire libre, o respecto e coñecemento do medio acuático, e materializa a aposta do goberno local polo deporte e os seus valores”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.