PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A I San Silvestre Solidaria conta co apoio do Concello de Teo

Presentación da I San Silvestre Solidaria a prol da Fundación Andrea no campo de RebordeloPresentación da I San Silvestre Solidaria a prol da Fundación Andrea no campo de Rebordelo

A I San Silvestre Solidaria, organizada pola Sociedade Recreativa San Xoán de Calo a prol da Fundación Andrea, dará a súa saída o vindeiro sábado 28 de decembro no campo de Rebordelo

A I San Silvestre Solidaria, organizada pola Sociedade Recreativa de San Xoán de Calo a prol da Fundación Andrea, contará co apoio do Concello de Teo dende esta a súa primeira edición que se disputa o vindeiro sábado 28 de decembro, dende o campo municipal de Rebordelo a partir das 16:30 horas.

Os participantes nesta I San Silvestre Solidaria, cunha inscrición de 5 euros dos que 3 destinaranse a proxectos da Fundación Andrea, terán que completar un percorrido de 4 quilómetros con saída dende o campo de Rebordelo, e que se pode realizar tanto corriendo como andando. As inscricións poden realizarse a través da páxina web de Eme Sports.

Ao remate da I San Silvestre, recibirán o seu correspondente premio os gañadores da carreira, tanto na categoría masculina como feminina, ademais doutras sorpresas dirixidas as persoas que vaian en familia, disfrazados

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

No acto de presentación desta I San Silvestre Solidaria, a primeiros de decembro, estiveron a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz; a directora da Fundación Andrea, Amaya Castro; a xerente de Carpintería Metálica Galanas, Cristina Segade; a presidenta da SR Calo, Elsa Gómez; o coordinador deportivo, Manuel Buján, e o presidente da Comisión de Deportes, Antón Noriega.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.