PUBLICIDADE
Premiados e autoridades tras a celebración da II Gala do Trail Running Galego no Teatro Principal de OurensePremiados e autoridades tras a celebración da II Gala do Trail Running Galego no Teatro Principal de Ourense

A II Gala do Trail Running Galego, que se desenvolveu no Teatro Principal de Ourense, otorgou os principais premios a Elpidio Goméz, Tamara García e ao Trail das Bestas

A II Gala do Trail Running Galego, patrocinada pola Deputación de Ourense, reuniu onte no Teatro Principal da cidade das Burgas aos principais deportistas e aos actores destacados desta modalidade que recibiron os seus premios como os mellores do ano 2025.

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, foi o encargado de inaugurar oficialmente a gala, dando a benvida aos asistentes, destacando todos os resultados logrados polos deportistas ao longo do ano 2025 e enumerando as medallas conseguidas nos distintos campionatos de España individuais e por seleccións, como os títulos logrados por Elpido Gómez, por partida dobre, e por Raquel Estévez na edición de Canfrank.

De igual modo fóronse outorgando os distintis galrdóns ás tres primeiras e primeiros do ranking en cada unha das modalidades, entre os que cabe citar:

PUBLICIDADE
  • Categoría Vertical mulleres: Tamara García, Lucía Peón e Raquel Estévez.
  • Categoría Vertical homes: Fico Losada, Elpidio Gómez e Hugo García.
  • Categoría Preclassic mulleres: Julia Salvado, Lucía Taboada e Emma Méndez.
  • Categoría Preclassic homes: Eloy Martínez, Adrián Sesar e Roi Mourón.
  • Categoría Classic mulleres: María Martínez,Tamara García e Rosa Araujo.
  • Categoría Classic homes: Fico Losada, Marcos Pascual e Alexandre Otero.
  • Categoría Maratón mulleres: Charo Figueroa, Carolina Miño e María Martínez.
  • Categoría Maraton homes: Moncho Muiños, Xenxo Laso e Jose Santiago.
  • Categoría Ultra mulleres: Tamara García.
  • Categoría Ultra homes: Xenxo Laso, Jose Santiago e Yago Breijo.
  • Resto de líderes das categorías classic. Lucía Taboada e Tomás Bautista (Sub16); Xulia Vidal e Diego Ferreira (Sub18); Julia Salvado e Eloy Martínez (Sub20); Alejandra Formoso e Hugo García (Sub23); María Martínez e Alexandre Otero (Senior); Rosa Araujo e José Martín (Máster-35); Lucía Peón e Marcos Pascual (Máster-40); Beatríz Barroso e Fico Losada (Máster-45); Mª Pilar González e Elpidio Gómez (Máster-50); Raquel Estévez e Emilio Montilla (Máster-55); María José Lamas e Saturnino González (Máster-60); Araceli Veiga e Manuel Suárez (Máster-65) e Tomás López (Máster-75).

Por  valoración de méritos dun xurado especialista, os premios principais da noite foron para Elpidio Gómez do ADAS CUPA e para Tamara  García do CD Biosbardo, que foron elixidos como os mellores atletas de Trail Running galegos do 2025. O mesmo xurado outorgou ao Trail das Bestas en Muras como a mellor proba do ano pasado.

A maiores tamén se entregaron premios nas seguintes categorías:

  • Premio á mellor protección medioambiental: Trail da Baña
  • Premio á mellor integración do percorrido no medio natural: Trail Coba da Bruxa
  • Premio á mellor comunicación: Trail Terras de Burón
  • Premio á mellor seguridade: Trail de Lousame
  • Premio especial á mellor fotografia: Equipo fotográfico do Trail Coba da Bruxa
  • Premio especial ao mellor xurado: Campionato de Galicia Ultra en Chantada
  • Premio ao mellor Spaeaker: Pablo Ríos

Na última parte da II Gala do Trail Running Galego, presentábase a axenda e o calendario para este 2026, na que destaca a importante oferta tanto en probas como en actividades de TR se van desenvolver, sendo os promotores e organizadores dos distintos Trails os encargados en presentar a súas competicións.

A o acto de entrega de premios aos mellores do 2025 pechouse ca intervención de Beatríz Fernández, directora territorial da Conselleria de Presidencia da Xunta de Galicia, que animou a todos os estamentos do trail running galego a seguir contribuindo co seu esforzo e adicación a facer un mellor ano no deportivo 2026.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.