PUBLICIDADE

A V Resistencia BTT Cidade de Narón, que se disputa o 1 de febreiro, abre o prazo de inscrición

Presentación e anuncio da apertura do prazo de inscrición para participar no V Resistencia BTT Cidade de Narón do 1 de febreiroPresentación e anuncio da apertura do prazo de inscrición para participar no V Resistencia BTT Cidade de Narón do 1 de febreiro

A V Resistencia BTT Cidade de Narón, organizada polo Concello en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e o CC Narón, xa está en marcha. Onte 8 de xaneiro, a organización anunciou a apertura do prazo de inscrición para esta quinta edición, que se disputa o 1 de febreiro na parroquia de Pedroso.

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club Ciclista Narón, Samuel Bustabad, presentaron a quinta edición da proba, que é puntuable para a Copa Galicia de Resistencia BTT 3 horas. Santalla avanzou que o evento contará cun máximo de 300 participantes, que competirán nun
percorrido deseñado integramente por Pedroso.

As inscricións xa están abertas e poderán formalizarse ata o 28 de xaneiro ás 23:59 horas a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo (www.fgalegaciclismo.es), entidade que colabora un ano máis nesta nova convocatoria.

PUBLICIDADE

A cita de Narón será a penúltima proba da Copa Galicia 3 horas BTT de resistencia, polo que pode resultar determinante de cara á configuración das clasificacións finais da competición. A saída da proba terá lugar ás 10:00 horas desde as inmediacións do local social da Pombiña, e na que os participantes deberán completar un circuíto circular duns 6 quilómetros, durante un tempo máximo de 3 horas, resultando gañador quen consiga completar un maior número de voltas.

A competición disputarase en diferentes categorías masculinas e femininas, tanto individuais como por parellas, co obxectivo de fomentar a participación e o deporte base nun entorno natural privilexiado do municipio naronés. Desde o Concello animan as persoas afeccionadas ao ciclismo de montaña a participar nesta proba xa consolidada como unha das citas deportivas destacadas do calendario autonómico desta modalidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.