PUBLICIDADE

A primeira Carreira Popular da Baña dispútase o domingo 4 de maio

Acto de presentación da primeira edición da Carreira Popular da Baña que se disputa o vindeiro 4 de maioActo de presentación da primeira edición da Carreira Popular da Baña que se disputa o vindeiro 4 de maio

O prazo de inscrición para esta primeira edición da Carreira Popular da Baña remata o 30 de abril, está aberta a deportistas federados e non federados e é de balde para as categorías escolares

A primeira edición da Carreira Popular da Baña, organizada polo Concello, votou a andar esta mañá coa presentación desta cita deportiva, que conta cun amplo programa de probas para todas as idades e niveis, e da que se dará a saída, dende a Praza do Concello, o vindeiro domingo 4 de maio.

As inscricións para a I Carreira Popular da Baña, que son de balde para as categorías escolares, teñen un custo de 7 euros para os grupos sénior e máster. Todos os interesados en participar, federados ou non federados, poden formalizar as súas inscricións, antes do 30 de abril ás 23:59 horas, a través da web www.carreirasgalegas.com.

Os dorsais para os participantes nesta Carreira Popular da Baña distribuiranse o sábado 3 de maio, dende as 17:00 ás 20:00 horas na Casa do Concello, mais para os que non poidan acudir neste horario, poderán retiralos o mesmo día da carreira, ata media hora antes do comezo da proba correspondente.

PUBLICIDADE

A I Carreira Popular da Baña dará a súa primeira saída ás 10:00 horas, na Parza do Concello, coa categoría Sub-18. A partir de aí se iran sucedendo as saídas no resto de categorías. Os corredores terán que afrontar percorridos que van dende os 100 metros para os máis pequenos (Biberón), ata os 10 quilómetros para as categorías de adultos e veteranos.

Os tres primeiros clasificados de cada categoría nesta I Carreira Popular da Baña recibirán o seu correspondente trofeo ao remate da proba, así como os tres primeiros en cada unha das probas de 5K e 10K. Ademais, se premiará tamén co seu correspondente trofeo aos tres mellores clubs en 10K, e aos participantes locais que ocupen os tres primeiros postos na proba de 10K.

Para garantir a comodidade de todas as persoas, a organización da carreira ofrecerá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo de San Vicente e no Campo de Fútbol Antonio Martínez. Segundo aseguran dende o Concello da Baña, a I Carreira Popular busca ser un referente no calendario deportivo local, e amosa o compromiso do Concello coa promoción do deporte e a actividade física entre a súa veciñanza.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.