PUBLICIDADE

As axudas a clubs deportivos de Ourense increméntanse en 200.000 euros

A canteira da escola de hockey do club do Concello de Amoeiro no pavillón municipal e que pode optar as axudas da DeputaciónA canteira da escola de hockey do club do Concello de Amoeiro no pavillón municipal

A Deputación de Ourense vén de aprobar as bases reguladoras das axudas para clubs deportivos da provincia para a temporada 2024-2025 dotadas con 550.000 euros

A Deputación de Ourense vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas dirixidas aos clubs deportivos da provincia para a temporada 2024-2025. Unhas axudas que están dotadas con 550.000 euros, e que crecen repecto ás anteriores convocatorias en 200.000 euros, o que supón un 36,4 por cento máis.

“Con este esforzo”, explicou o presidente provincial, Luis Menor, “atendemos unha reivindicación dos clubs da provincia”, e matizou que estas axudas están dirixidas “a sufragar os gastos de funcionamento” das entidades deportivas. Menor tamén adiantou que, segundo os cálculos estimados pola Deputación, para este ano a previsión é que os clubs beneficiarios destas axudas superen o centenar, prácticamente todos os que están inscritos na provincia.

As bases reguladoras das axudas establecen que a concesión de subvencións a clubs deportivos de Ourense para o ano 2025 será mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidade de financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación na competición deportiva durante a temporada 2024-2025.

PUBLICIDADE

Beneficiarios das axudas a clubs da Deputación

Poderán ser beneficiarios das axudas os clubs deportivos que reúnan os seguintes requisitos: estar inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia; ter o seu domicilio social na provincia de Ourense; participar, na temporada 2024-2025 en competicións oficiais, calquera que sexa o seu ámbito, convocadas polas súas respectivas federacións; posuír, polo menos, un equipo de base acreditado, é dicir, inferior á categoría sénior ou absoluta, cun mínimo de dez licenzas federativas. Para os clubs que compitan en disciplinas individuais establécese, así mesmo, como requisito básico, posuír un mínimo de dez licenzas federativas de deportistas de base en competición.

Non poderán ser beneficiarios desta convocatoria de axudas os clubs que só participen en ligas ou competicións locais ou comarcais, ou exclusivamente no deporte escolar ou ligas de empresas.

O prazo improrrogable de presentación iniciarase a partir da publicación da convocatoria regulada nestas bases na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 21 de abril de 2025, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as solicitudes.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.