PUBLICIDADE

A XI Media Maratón ‘Os 21 do Camiño’ contará este ano con máis de 1.000 participantes

Presentación da XI Medio Maratón 'Os 21 do Camiño' que se disputa o sábado 21 de xuño nos Concellos de Melide e Palas de ReiPresentación da XI Medio Maratón 'Os 21 do Camiño' que se disputa o sábado 21 de xuño nos Concellos de Melide e Palas de Rei

A Media Maratón Os 21 do Camiño dispútase o vindeiro sábado 21 de xuño e os participantes poderán optar a unha das dúas modalidades, a clásica ou a de 6 quilómetros nun percorrido que une as localidades de Palas de Rei e Melide

A XI Media Maratón Os 21 do Camiño dará a súa saída, o vindeiro sábado 21 de xuño, a unha edición que contará con máis de 1.000 participantes. Unha proba que ten o seus percorridos, o clásico e o de seis quilómetros, unindo os concellos organizadores, Palas de Rei e Melide, polo Camiño de Santiago e con chegada neste último.

A saída da Media Maratón nas dúas modalidades darase ás 18:30 horas. Esta edición contará coa participarán de figuras do deporte como Pablo Otero, Manu Lorenzo, Tina Fernández ou Mónica Gutiérrez, entre outros, ademáis dun amplo programa de actividades que se desenvolverá durante a xornada.

Ademais, o mesmo sábado pola mañá desenvolverase unha actividade de iniciación á orientación dirixido a nenas e nenos de ata 16 anos, e na que ademais afrontarán un percorrido tamén sobre dúas distancias, a curta de 2,5 quilómetros, e a longa de 4 quilómetros. Ás 10:30 horas, o Pavillón Municipal de Melide acollerá a charla técnica, dándose logo a saída á proba ás 11:00 horas na Praza do Convento.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.