PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Aquiles Sordo gaña o Campionato de Galicia Máster 30 de ciclocrós

O amesán Jorge Pérez que vén de lograr o sucampionato galego Máster 30 de ciclocrós en PonteareasO amesán Jorge Pérez que vén de lograr o sucampionato galego Máster 30 de ciclocrós en Ponteareas

Jorge Pérez, do club amesán Os Esfola Arrós, plocamaouse subcampión de Galicia de ciclocrós, e o terceiro posto foi para o compostelán Francisco Baña

Aquiles Sordo, deportista do equipo Caímanes de Betanzos, acaba de proclamarse vencedor do Campionato Galego Máster 30 de ciclocrós, disputado o pasado 4 de xaneiro na localidade de Ponteareas, nunha proba que pechou a tempada en Galicia.

O deportista Jorge Pérez, do club amesán Os Esfola Arrós, conseguiu o subcampionato galego de ciclocrós en Ponteareas en Máster 30 na que foi a súa terceira participación, sumando un campionato e un subcampeonato, ademais do acadado a pasada fin de semana. Ademais, o amesán situouse no terceiro posto do ranking xeral da Copa de Galicia, na mesma categoría.

Completou o podio, nesta última proba da tempada do Campionato de Galicia Máster 30 de ciclocrós, o deportista do Club Ciclista Cidade de Santiago, Francisco Baña.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.