PUBLICIDADE

‘Bebeto, el hombre que acunó el gol’, presenta a súa biografía en Ordes

PorBisbarra

Xoves, 13 Novembro 2025
Bebeto, delanteiro do Súperdepor presenta a súa biografía este novembro en OrdesBebeto, delanteiro do Súperdepor presenta a súa biografía este novembro en Ordes

Bebeto, José Roberto Gama de Oliveria, estrela do Superdépor presentará, en Ordes o sábado 29 de novembro ás 18.00 horas na Casa da Cultura, a súa biografía Bebeto. El hombre que acunó el gol.

Por cuestións organizativas, tanto á hora de distribuír o espazo como á hora de proceder coa sinatura de exemplares da biografía de Bebeto, desde o Concello de Ordes solicítaselles ás persoas que teñan pensado asistir que se inscriban previamente no formulario que xa teñen á súa disposición nas redes sociais municipais e premendo nesta ligazón.

Bebeto. El hombre que acunó el gol repasa a vida deste futbolista imprescindible na historia do Deportivo e da selección brasileira. Abrangue episodios que van desde a súa infancia en Baía (Brasil) ata a participación en mundiais como o de Francia 98. Un enfoque humano e deportivo que mostran un Bebeto ao completo en todas as súas vertentes, incluída a política e social, valéndose de testemuños de familiares, amigos e compañeiros como Romario, Donato, Fran ou Mauro Silva, entre outros.

PUBLICIDADE

Bebeto. El hombre que acunó el gol está asinado por Alexandre Centeno, nome con moita sona no eido da información deportiva e actual presidente da Asociación Galega de Xornalistas Deportivos (Agaxorde). O libro consta de 208 páxinas, das cales 32 son de fotos, algunhas delas inéditas, procedentes da colección familiar.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.