O Campionato de Dúatlon por Equipos de Narón disputarase o domingo 22 de decembro no polígono do Río do Pozo nas rúas Carboeiros, Mariñeiros, Cesteiros, Mariscadores e Panadeiros
O Campionato de Dúatlon por Equipos de Narón disputarase o vindeiro domingo 22 de decembro no polígono de Río Seco e contará cunha vintena de clubs participantes, segundo informaron durante a presentación da proba o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o representante da Federación Galega de Tríatlon (Fegatri), Javier Campos.
O Campionato de Dúatlon contará cunha proba absoluta de promoción, Campionato Xunta de Galicia Escolar, e cunha popular aberta. O Campionato Xunta comezará ás 11:00 horas mentres que a proba popular aberta dará a súa saída ás 12:00 horas.
Os participantes neste Campionato de Dúatlon por Equipos terán que completar un percorrido de 2 quilómetros de carreira a pé; 4,8 quilómetros de ciclismo e outros 2 quilómetros de carreira a pé, nun circuíto habilitado nas rúas do polígono de Río Seco: Carboeiros, Mariñeiros, Cesteiros, Mariscadores e Panadeiros.
Trofeos do Campionato de Dúatlon por equipos
Cada club contará con entre catro e seis integrantes que afrontarán o Campionato de Dúatlon por Equipos contra o reloxo. Ao remate da competición entregaránse trofeos para os tres máis rápidos, tanto no grupo feminino como no masculino, e para os tres primeiros equipos do Campionato Xunta de Galicia Escolar.