PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Calvo recibe o maillot do Europeo de Ciclocrós

O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, entrégalle ao conselleiro de Deportes, Diego Calvo, o maillot do Europeo de CiclocrósO presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, entrégalle ao conselleiro de Deportes, Diego Calvo, o maillot do Europeo de Ciclocrós

O Europeo de Ciclocrós disputouse a pasada fin de semana en Pontevedra co apoio da Xunta de Galicia e contou cos mellores deportistas europeos desta disciplina

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, recibiu o maillot do Campionato Europeo de Ciclocrós de mans do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

O Campionato Europeo de Ciclocrós, que contou co apoio da Xunta, desenvolveuse a pasada fin de semana en Pontevedra e mel competiron os mellores deportistas europeos da especialidade.  A selección española contou cunha representación de case unha trintena de deportistas, e entre eles varios galegos como Lorena Patiño na categoría júnior, ou Miguel Rodríguez, Tomás Pombo e Aroa Otero na Sub-23.

No acto de entrega do maillot ao conselleiro, no que tamén estivo o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, Diego Calvo agradeceulle á Federación Galega de Ciclismo o traballo realizado para traer a Galicia este campionato, que se celebra por primeira vez en España.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O responsable de Deportes da Xunta incidiu na aposta que fai o Goberno galego polos grandes eventos deportivos, que permiten fomentar a práctica do deporte e darlle visibilidade aos nosos deportistas ao tempo que funcionan como escaparate para a promoción turística da comunidade.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.