O XVI Torneo de Fútbol 8 de Semana Santa de Cariño disputarase en catro categorías, cun total de 17 equipos, máis de 900 xogadores de toda Galicia, entre os días 17 e 20 de abril no campo municipal
O Concello de Cariño prepárase para acoller a celebración do XVI Torneo de Fútbol 8 de Semana Santa, organizado polo Club Deportivo Cariño coa colaboración do Goberno local, e que comezará o xoves 17 de abril e rematará o domingo 20 de abril.
Durante eses catro días, o campo municipal de Cariño será o epicentro desta nova edición do Torneo de Fútbol 8 de Semana Santa no que participarán máis de 900 xogadores, dun total de 17 equipos procedentes de diferentes puntos de todo o territorio galego que se medirán en catro categorías diferentes (prebenxamín, benxamín, alevín e infantil).
O Torneo de Fútbol 8 de Semana Santa converteuse xa nunha das competicións de maior renome e de referencia do calendario de primavera do fútbol base galego, sendo unha das citas de fútbol 8 con maior percorrido na actualidade.
Quero agradecer ao Club Deportivo Cariño o gran traballo e o enorme esforzo realizado para organizar este torneo de fútbol 8, que supón un impulso moi positivo para o noso municipio dende o punto de vista turístico, reunindo a varios centenares de visitantes nunha época tan importante como a Semana Santa” (Laura García, concelleira de Deportes, Laura García)