PUBLICIDADE

Narón presenta o cartaz do primeiro Mundial de Hip hop que terá lugar no Pazo da Cultura

Acto de presentación do cartaz do primeiro Mundial de Hip Hop que se disputará en Narón o vindeiro mes de maio no Pazo da CulturaActo de presentación do cartaz do primeiro Mundial de Hip Hop que se disputará en Narón o vindeiro mes de maio no Pazo da Cultura

O Club de Baile Deportivo Narón, a federación española e o Concello organizan os días 10 e 11 de maio o primeiro Mundial de Hip Hop para o que está aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 28 de abril

A organización da primeira edición do Mundial de Hip Hop presentou a finais de marzo o cartaz dunha cita deportiva que terá lugar no Pazo da Cultura de Narón os días 10 e 11 de maio, tal e como informaron a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do club organizador, o Club de Baile Deportivo Narón, Jesús Marcos.

Asemade, as inscricións para os deportistas que queiran disputar este primeiro Mundial de Hip Hop estarán abertas ata o vindeiro día 20 de abril, e poderánse formalizar a través da páxina web: https://worldhiphopchampionship.com/home–wdsf-hip-hop-world-championship-page, dunha cita mundial que organizan a Federación Española de Baile Deportivo, o club local e o Concello, e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

A Federación Mundial de Baile Deportivo (WDSF) apostou por organizar este ano en Narón o primeiro Mundial de Hip Hop, municipio que presentou a súa candidatura a través do Concello e da Federación Española, que finalmente resultou seleccionado.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.