PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Caeiro e Lorenzo gañan a Carreira Pedestre da Amaía

Gañadores na XLI Carreira Pedestre da Amaía no Concello de BriónPodio da XLI edición da Carreira Pedestre da Amaía disputada no concello de Brión o pasado 8 de outubro

Esta nova edición da Carreira da Amaía contou con 202 participantes na saída, das 404 persoas inscritas, por mor da meteoroloxía adversa

O pasado 8 de outubro disputouse a XLI Carreira Pedestre da Amaía, no concello de Brión. Unha carreira que contou na liña de saída con só 202 persoas participantes das 404 inscritas, superando a cifra da anterior edición, por mor da meteoroloxía adversa.

A compostelá Isabel Caeiro (SG de Pontevedra) e o marinense Manuel Lorenzo (CD Pinarium) foros os vencedores absolutos da Carreira Pedestre da Amaía, ao completar as dúas voltas a un circuíto duns 5.000 metros (98% asfalto e 2% terra).

Isabel Caeiro, vencedora da carreira cun tempo de 37:52 minutos, volveu confirmar o que xa é un feito nestas 41 edicións da proba, que ningunha atleta repetiu triunfo na Carreira Pedestre da Amaía. A compostelá superou en poco máis de dous minutos (39:59 min.) á segunda clasificada, Leticia Barrosa (Club Atletismo Feminino Celta), e en máis de seis minutos (44:01 min.) á terceira no podio, Noelia Papín Estévez (Dawako Athletics).

PUBLICIDADE

Na categoría masculina, o marinense do CD Pinarium Manuel Lorenzo, que foi terceiro o ano pasado, subiuse ao máis alto do podio desta XLI Carreira Pedestre da Amaía parando o crono en 32:25 minutos. Acompañárono no podio, Lucas Riola (Club de Natación Cedeira Muebles García) cun tempo de 32:45 minutos, e Amadeo Abal (Amadeo Abal Nutrición Deportiva) que completou a súa participación en 32:58 minutos.

Os clubs santiagueses Triatlón Compostela, Club Atletismo Sar e Sociedade Deportiva Compostela de Atletismo coparon, por esta orde, a clasificación da carreira por equipos, mentres que os premios para os mellores atletas locais foron para Félix Quintela e David Alejandro Pérez, do Club Atletismo Brión, e para Chistian Lapido na categoría masculina; e para María José Bragaña (Club Atletismo Outes) e para Marta García, na categoría feminina.

Entrega de premios y trofeos da carreira

O concelleiro de Deportes de Brión, Carlos Noya, as concelleiras Sandy Cebral, Rosa Romero e Guarina Rey, e o concelleiro José Antonio Vidal, foron os encargados de facer entrega dos premios e os trofeos aos participantes máis rápidos en cada unha das diferentes categorías desta XLI edición da Carreira Pedestre da Amaía.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.