PUBLICIDADE

Cerceda adxudicará a substitución do céspede artificial do Roxo por máis de 310.000 euros

O Concello de Cerceda prevé ter rematada a substitición do céspede artificial do Roxo, por un de última xeración, para o comezo da tempada 2026/2027O Concello de Cerceda prevé ter rematada a substitición do céspede artificial do Roxo, por un de última xeración, para o comezo da tempada 2026/2027

Cerceda adxudicará a substitución do céspede artificial do campo de fútbol do Roxo cunha previsión económica de 312.781,94 euros, para desenvolver nuns traballos que mellorarán non só a usabilidade, tamén a calidade medioambiental das instalacións deportivas.

O campo do Roxo de Cerceda presenta unhas dimensións de 105,5 metros de largo por 69,2 metros de ancho, é dicir, unha superficie total de 7.300 metros cadrados. Estímase que as obras comecen durante a tempada estival, e a previsión é que as instalacións estén listas para o comezo da tempada 2026/2027.

Nos últimos anos avanzouse moito na tecnoloxía dos campos de fútbol artificiais, creando solucións que proporcionan sensacións máis próximas ás obtidas en campos de fútbol de herba natural, cunhas prestacións técnicas e deportivas moi boas, máis ecolóxicas e máis durables ao longo do tempo.

PUBLICIDADE

O céspede a instalar é de última xeración, deseñado para a práctica do fútbol e fabricado mediante o sistema tufting en zig-zag, cosida a máquina e cun mínimo de 8150 puntadas por metro cadrado, con filamentos de céspede en verde a dúas cores. As marcas dos campos de fútbol 11 e fútbol 7 levarase a cabo segundo os criterios indicados pola RFEF e a dirección de obra.

O alcalde do Concello de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, explicou que “trátase dunha intervención moi necesaria nunhas instalacións que son epicentro deportivo. Non só de Cerceda, senón da comarca. Estamos ansiosos de ver colmada esta actuación, ofrecendo así unha resposta adecuada ás necesidades e situando o complexo do Roxo nun nivel de excelencia. A burocracia é lenta, pero tal e como aconteceu e acontecerá en máis espazos, a xestión e a paciencia dan os seus froitos”, asegurou o rexedor o pasado 15 de xaneiro.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.