O orzamento destinado polo Concello de Ferrol ás obras de reposición do peche perimetral, que foi retirado por mor das obras na Avenida 19 de febreiro, é de 48.397 euros e conta cun prazo de execución de seis meses
Xa comezaron as obras para repoñer o peche perimetral das pistas de atletismo en A Malata, así o avanzou o edil de Deportes do Concello de Ferrol, Ricardo Aldrey. O peche da parcela que dá á Avenida 19 de febreiro foi retirado con motivo da obra realizada en dita vía, polo que “resulta necesario repoñelo debido a que as instalacións están completamente abertas e expostas a actos vandálicos”, afirmou o concelleiro.
No extremo oeste prevese a colocación dunha porta peonil, en aceiro galvanizado, con deseño e materiais similares ao resto de peche, levará picaporte e pechadura con chave. Ademais, está previsto o levantado da porta de vehículos adaptándoa á nova cota e realización dunha rampla en ahorra compactada. Reporase o peche eliminado con excavación colocando de valo de paneis aceiro galvanizado similares aos existentes.
Na esquina leste, colocaranse dous piares de formigón para colocar unha porta de dúas follas de dous metros de ancho cada unha, tamén levará pechadura. O orzamento é de 48.397,45 euros (21% IVE incluído) e o prazo de execución é de seis meses.




