PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O I Cros de Ames tivo como vencedores individuais a Debris Paniagua, Xoel Franco, Irene García, Lucas Costas, Nadia Conejo, Xabier Rodil e Julia Martínez

O I Cros de Ames Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través por Remudas disputouse o pasado 12 de outubro en Aldea Nova. A proba de campo a través, organizado polo Concello de Ames e pola Federación Galega de Atletismo, estivo dirixida ás categorías Sub-10 mixta, Sub-12, Sub-14, Sub-16 e Sub-18, e Remudas mixto.

O Gimnástica de Pontevedra estreou, coa súa victoria no Campionato Xunta de Remudas mixto do I Cros de Ames, o novo circuíto de campo a través de Aldea Nova, cun tempo de 18:10 minutos, superando en 11 segundos ao Ourense de Atletismo, e en 18 segundos ao Atletismo Santiago que foron prata e bronce, respectivamente.

Debris Paniagua (Club Atletismo Pino) e Xoel Franco (Atletismo CSCR Beade) foron os máis rápidos na categoría Sub-16/Sub-18 desta primeira edición do Cros de Ames. Irene García (Club de Natación Cedeira) e Lucas Costas (Atletismo CSCR Beade), en Sub-14; Nadia Conejo (Sociedade Atlética do Trega) e Xabier Rodil (Club Triatlón Compostela), en Sub-12; e Julia Martínez (Sociedade Atlética do Trega) en Sub-10 mixto, conseguiron as medallas de ouro nas súas respectivas categorías.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.