PUBLICIDADE

O VII Trail da Baña coroa a Raquel Estévez e Pablo Villa

Laura Saavedra e Mario Rodríguez venceron na proba curta dun VII Trail da Baña no que participaron preto de 300 persoas nas diferentes categorías

Raquel Estévez (03:33:41 horas) e Pablo Villa (02:33:41 horas) foron os máis rápidos na proba de 28 Km da VII edición do Trail da Baña que contou na liña de saída, a pesar da choiva, con preto de 300 participantes nas diferentes categorías e modalidades, dunha proba que organizaron conxuntamente o Club BJ Sports Team, o Concello da Baña, a través da súa área de Deportes, e a Federación Galega de Atletismo.

Os podios do trail longo da Baña completáronos Jaime García (02:41:03 horas) que foi segundo, e Rubén Martínez (02:51:34 horas), terceiro na categoría masculina; e Laura Felípez (3:41:53 horas) e Kenia Estrada (03:46:20 horas), segunda e terceira respectivamente.

Laura Saavedra (02:18:30 horas) e Mario Rodríguez (01:42:45 horas) impuxéronse no trail curto, sobre unha distancia de 16 Km e 800 metros de desnivel con saída e chegada no Pavillón Municipal de Deportes. Roberto Galado (01:42:51 horas) e Felipe Corral (01:42:53 horas) remataron o trail curto segundo e terceiro, mentres que na categoría feminina estes postos foron, respectivamente, para Paola Estrada (02:21:57 horas) e para Maite Salgado (02:45:35 horas).

PUBLICIDADE

As mulleres foron as máis rápidas na categoría promesa deste VII Trail da Baña, rematando Eva Formoso (Triki Team) en menos dunha hora cun tempo de 00:59:26 minutos, mentres que o primeiro na categoría masculina foi Roi Mourón (01:00:33 horas) que rematou o percorrido co seu amigo Álex Tajes (01:00:33) co que se xogou avictoria a pedra papel tesoira. Rocío Riveiro (00:59:43 minutos) e Sabela Tuñas (00:59:59 minutos) completaron o podio feminino; e Brais Agra, terceiro con 01:00:45 horas, o masculino.

O VII Trail da Baña contou tamén cunha andaina non competitiva de 10 quilómetros, na que participaron unhas 80 persoas, das case 300 que tomaron a saída nas diferentes categorías.

Clasificacións VII Trail da Baña

Trail longo (28 km)

Categoría absoluta: Raquel Estévez, Laura Felípez e Kenia Estrada; e Pablo Villa, Jaime García e Rubén Martínez.

Sénior: Adrian Abelenda, Jorge González e José Martinón.

Máster 1: Vanessa Varela e Lorenzo Lourido, José Manuel García e Agustín Crespo.

Máster 2: Roberto Riobó, César Rodríguez e Jorge Manuel García.

Trail curto (16 km)

Categoría absoluta: Laura Saavedra, Paola Estrada e Maite Salgado; e Mario Rodríguez, Roberto Galego e Felipe Corral.

Sénior: Thalía Troitiño, Rosa Ana Gómez e Rebeca Sesto; e Miguel Montero ,David Seage e Ramón González.

Máster 1: Lali Aguilera, Melina Martínez e Noa Caramés; e Alberto González, Pablo Fadeville e Santi Pazos.

Máster 2:  Tina Formoso e Carmen Rios; e Carlos Lado, Juan Manuel Calvo e Rubén Laria.

Primeiros atletas locais: Pablo Fadeville, Carlos Martínez e Antonio Barreiro.

Trail promesa (8 km)

Categoría absoluta: Eva Formoso, Rocío Riveiro e Sabela Tuñas, e Roi Mourón, Alex Tajes e Brais Agra.

Sub-16: Irene Balado, Ana Ézara e Paula Rodríguez, e Miguel Ángel Castro.

Sub-18: Lucas Ribó, Brais García e Jesús García.

Sénior/máster: Eva González, Patricia González e Ana Isabel López, e Alberto Agra, José Manuel Rodríguez e José Manuel Blanco.

Clasificación por clubes:

Sociedade Deportiva Barbantia Roda (40 puntos), Dubra Team (47) e Running Arteixo (50 puntos).

Clubes con máis participación:

Trasdeza Trail&Run, Asociación BJ Running Team e Dubra Team.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.