Os cursos de formación en defensa persoal e de iniciación ao jiujitsu, organizados polo Centro Deportivo Nova Saúde co apoio do Concello, desenvolveranse pola mañá, de 10:30 a 13:30 horas, o primeiro, e pola tarde, de 16:30 a 18:30 horas, o segundo
O Colexio público Manuel Fraga Iribarne no Concello de Cariño será o escenario dunha completa xornada formativa deportiva, o vindeiro 10 de maio, na que se impartirán os cursos de formación en defensa persoal e de iniciación á arte marcial do jiu-jitsu.
Os cursos, que están organizados polo Centro Deportivo Nova Saúde e contan coa colaboración do Concello de Cariño, desenvolveranse en dúas quendas: a sesión de defensa persoal terá lugar de 10:30 a 13:30 horas, mentres que o de iniciación ao jiu-jitsu impartirase pola tarde, de 16:30 a 18:30 horas.
Ambas as formacións están dirixidas a público adulto, masculino e feminino, e tamén a menores. As clases as dirixirá Bernardo Romay, 8.º Dan e Mestre Adestrador Nacional de judo, jiu-jitsu e defensa persoal. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 981 40 50 64.




