PUBLICIDADE

Os deportes urbanos de skate e parkour toman Compostela a primeiros de xuño

A concelleira María Rozas, centro, tras a presentación das dúas citas cos deportes urbanos que se desenvolverán en Santiago a primeiros de xuñoA concelleira María Rozas, centro, tras a presentación das dúas citas cos deportes urbanos que se desenvolverán en Santiago a primeiros de xuño

Santiago acollerá os días 7 e 8 de xuño dúas citas cos deportes urbanos, cun encontro de parkour na Praza Roxa o sábado, e coa quinta edición do Compostela Skate o domingo na Praza da Constitución, dunhas iniciativas impulsadas pola Concellaría de Xuventude

Compostela converterase, os días 7 e 8 de xuño, no epicentro dos deportes urbanos do skate e do parkour. A concelleira de Xuventude de Santiago, María Rozas, acompañada polos representantes das entidades coorganizadoras, Vella Escola, Cultura Urbana e Skate Escola, vén de presentar as dúas citas, de parkour e skate, e puxo en valor as potencialidades dos deportes urbanos “para xerar comunidade entre a mocidade, para que reivindiquen a súa identidade e para que se sintan máis protagonistas”, dixo.

O Parkour Skills Challenge será a primeira das citas, o sábado 7 de xuño na Praza Roxa. Unha xornada dirixida tanto ás persoas xa especializadas nesta disciplina urbana, como a todas aquelas, a partir dos 10 anos, que queiran iniciarse na práctica do parkour. Neste espazo instalarase unha estrutura especialmente deseñada para a práctica deste deporte.

Así, pola mañá a Praza Roxa acollerá os obradoiros de iniciación ao parkour, e pola tarde desenvolverase o Skills Challenge, unha competición baseada en diferentes probas de habilidade, na que se puntuarán a fluidez creativa ou a velocidade na execución. Os participantes deberán superar diferentes retos completando movementos ou combinancións predefinidas.

PUBLICIDADE

O domingo 8 de xuño será a quenda da quinta edición do Compostela Skate, que se desenvolverá na Praza da Constitución dende as once da mañá ata as nove da noite. A actividade central da xornada será o campionato de skate na modalidade de Street, e que se disputará nas categorías Sub-15, en horario de mañá, e Open pola tarde.

O Compostela Skate fíxase como obxectivos, alén da parte competitiva da xornada, promover o deporte, a convivencia e ocio saúdable entre a mocidade. Este evento regresou a Santiago o ano pasado, despois de dez anos sen terse celebrado, e utilizando as instalacións da Praza da Constitución acondicionadas expresamente para a práctica do skate. 

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.