PUBLICIDADE

As Feiras de Cans de Caza de Arzúa regresan á memoria grazas a un proxecto veciñal

A nova web, creada por un colectivo de veciños, percorre dúas décadas de historia das Feiras de Cans de Caza de Arzúa, unha das citas de referencia na PenínsulaA nova web, creada por un colectivo de veciños, percorre dúas décadas de historia das Feiras de Cans de Caza de Arzúa, unha das citas de referencia na Península

Un grupo de veciños presentou unha páxina web para a divulgación e preservación da memoria das Feiras de Cans de Caza de Arzúa, aberta á participación do público, e que conta cun arquivo dixital composto por 1.189 fotografías, 268 recortes de prensa e 67 documentos

As Feiras de Cans de Caza de Arzúa regresan á memoria grazas a un colectivo voluntario veciñal que vén de poñer en marcha un proxecto para a divulgación e preservación da súa historia. Dúas décadas dun encontro cinexético, de referencia en Galicia e en España, que se poden ver reflectidas nunha páxina web aberta ao público e que de presentar este grupo de veciños.

Un portal no que se rende homenaxe e se fai un repaso á historia destes 20 anos das Feiras de Cans de Caza de Arzúa a través de 1.189 fotografías, 268 recortes de prensa e 67 documentos. Unhas feiras que foron lugar de encontro para criadores, cazadores, afeccionados e profesionais do mundo cinexético, atraendo a visitantes e expositores de toda a Península.

O proxecto foi posible grazas ao traballo voluntario de Xoan A. Vidal, Chicho, encargado de gardar e clasificar o material; Xosé Pampín Quinteiro, que conservou os álbums de fotos; Xosé Manuel Trillo, que escaneou e dixitalizou as imaxes; e Estevo Raposo, quen creou e estruturou a páxina web.

PUBLICIDADE

Esta iniciativa está aberta á participación de toda a cidadanía, polo que se invita a quen dispoña de fotos, documentos ou lembranzas das Feiras de Cans de Caza de Arzúa, a compartilas a través do mail cansdecaza@arzua.org, ou ben a través do formulario da páxina web.

A participación no proxecto está aberta á toda á cidadanía, polo que se convida a quen dispoña de fotografías, documentos, obxectos ou claquera lembranza destas Feiras de Cans de Caza a compartilas a través do correo cansdecaza@arzua.org ou do formulario da web.

A páxina web conta cun buscador interno, filtros por tipo de documento, medio de publicación e tema, así como un sistema de comentarios nos rexistros, animando á xente a compartir as súas lembranzas e enriquecer o relato colectivo. Trátase dunha ferramenta útil tanto para quen sente curiosidade pola historia local coma para os amantes do mundo do can de caza.

Trátase dun proxecto que é unha homenaxe á xente que fixo posible as Feiras de Cans de Caza: criadores, xornalistas, entidades públicas e privadas, colaboradores e autoridades, cuxo esforzo colocou Arzúa no mapa dos grandes eventos cinexéticos da Península.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.