O prazo para participar na xornada no Aquapark de Cerceda o 14 de xuño, actividade que forma parte do programa Trouleando, comeza o sábado 30 de maio e remata o mércores 4 de xuño
O programa Trouleando, que organiza a Concellaría de Mocidade de Ames volve no mes de xuño, cunha actividade, o sábado 14 de xuño, que consistirá nunha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático que cunha ampla e variada gama de atraccións nas que gozar dun día de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze…
A actividade ofrece servizo de autobús dende Bertamiráns e Milladoiro, e o prazo de inscrición estará aberto dende o vindeiro o sábado 30 de maio ata o vindeio 4 de xuño. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 95 prazas que se asignarán por orde de chegada.
Os mozos e mozas que participen na xornada en Cerceda, que forma parte do programa municipal Troleando, deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar factor 50 e unha muda. Tamén deberán levar a comida e a merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque. Pode inscribirse a mocidade empadroada no concello de Ames, nada entre o 2012 e 1995 e que saiba nadar.
Será imprescindible contar cun mínimo de 40 mozos/as para desenvolvela actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade. Para resolver posibles dúbidas pódese contactar coa Concellería de Mocidade a través do correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.