PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Laura Santos e Esteban Iglesia gañan a 45ª Carreira Pedestre Popular de Santiago

45ª Carreira Pedestre Popular de SantiagoMilleiros de participantes durante a saída da 45ª Carreira Pedestre Popular de Santiago (Fotos: Mónica Montero)

Debris Paniagua e Teo de Frutos foron os máis rápidos na categoría escolar nesta 45ª Carreira Pedestre Popular de Santiago que contou con case 3.500 participantes

O pasado domingo 27 de outubro a avenida compostelá de Xoán XXIII acollía a saída da 45ª Carreira Pedestre Popular de Santiago, que organiza o diario El Correo Gallego e na que participaron case 3.500 persoas, entre a proba absoluta cun percorrido pola cidade de 12 quilómetros e a de escolares de 7 quilómetros.

Laura Santos (Club Atletismo Praias de Castellón) e Esteban Iglesia (Lucus Caixa Rural Galega) foron os máis rápidos na categoría absoluta desta 45ª Carreira Pedestre Popular de Santiago, completando os 12 quilómetros, pola cidade e con chegada na praza do Obradoiro, en 36:58 e 42:08 minutos, respectivamente.

No grupo feminino, o segundo posto foi para Eva Piñel (Atletismo Feminino Celta) que detivo o cronómetro en 42:47 minutos, e o terceiro para a súa compañeira no Celta, Uxía Pérez, cun tempo de 43:09 minutos. Hugo García (Club Atletismo Portugalete) con 37:12 minutos e Pablo Otero (Atletismo Torrelevaga) con 37:16 minutos acompañaron a Esteban Iglesia no podio masculino.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Teo de Frutos (Lucus Caixa Rural Galega) e Debris Paniagua (Colegio Compañía de María) venceron no Obradoiro na categoría de escolares, completando os 7 quilómetros da proba cuns tempos de 24:57 e 27:23 minutos, respectivamente. Jaun Bouzón (Club Triatlón Atlántico) e Jeyden Silva (Club de Natación Ribeira) foron segundo e terceiro parando os seus cronos en 25:53 e 26:12 minutos no grupo masculino. Paula Fernández (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) con 27:42 minutos e a súa compañeira de equipo, Sabela Martínez, con 28:10 minutos, foron segunda e terceira na categoría escolar desta 45ª Carreira Pedestre Popular de Santiago.

A clasificación de colexios liderouna La Salle, seguido da Compañía de María e do IES Rosalía de Castro. A Sociedad Gimnástica Pontevedra gañou na categoría clubes-escolares superando ao Triatlón Inforhouse Santiago, segundo, e ao Club Triatlón Compostela que completou o podio. As clasificacións ao completo desta 45ª Carreira Pedestre Popular de Santiago pódense consultar nesta ligazón: clasificacións.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.