PUBLICIDADE

Luis Menor recibe á xogadora internacional de baloncesto Paula Ginzo, campioa da Copa Raíña

A xogadora internacional de baloncesto Paula Ginzo fala co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, durante a recepción no Pazo provincialA xogadora internacional de baloncesto Paula Ginzo fala co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, durante a recepción no Pazo provincial

Paula Ginzo, xogadora de baloncesto no CB Jairis, vén de gañar no mes de marzo a Copa co seu equipo, conta no seu palmarés cunha prata no Campionato de Europa 2023, e está convocada ppor España para o Eurobásquet 2025

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu onte no Pazo Provincial a Paula Ginzo, xogadora de baloncesto ourensá internacional coa selección española. Menor felicitou á pivote do Club Baloncesto Jairis de Murcia polos seus logros profesionais, entre os que destaca a súa participación en dous Campionatos de Europa (conseguindo unha prata no 2023) e nos Xogos Olímpicos de 2024.

A xogadora de baloncesto comezou a súa carreira deportiva na posición de ala no equipo Salesianos de Ourense, ata que o club se desfixo e pasou ao Carmelitas Vedruna. Con 14 anos medía xa preto de 1,90 metros e destacaba no equipo ourensán e nas categorías inferiores da selección galega. Neste sentido, o presidente provincial puxo en valor o seu “éxito continuado” dende os seus inicios ourensás.

Recentemente, no mes de marzo, Pula Ginzo conseguiu unha histórica Copa da Raíña co Jairis que debutaba no torneo do KO, e tras superar ao Perfumerías Avenida por 67-59. Ademais, a pívot galega foi convocada pola selección española para disputar o vindeiro Eurobásquet 2025, do 19 ao 29 de xuño.

PUBLICIDADE

O presidente provincial Luis Menor destacou durante a recepción o “orgullo” de “referentes ourensás” como é o caso de Paula Ginzo e puxio en valor a importancia do deporte como un dos “grandes eixos estratéxicos” da Deputación de Ourense.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.