PUBLICIDADE

Martina Aneiros lembra que clubs e federacións aínda poden solicitar as axudas para a adquisición de equipamentos deportivos

Martina Aneiros, delegada da Xunta en Ferrol, lembrou que aínda está aberto o prazo para solicitar as axudas para equipamentos deportivos, durante a súa visita ao Club Hípico Equo AlalmaMartina Aneiros, delegada da Xunta en Ferrol, lembrou que aínda está aberto o prazo para solicitar as axudas para equipamentos deportivos, durante a súa visita ao Club Hípico Equo Alalma

Martina Aneiros lembrou aos clubs e ás entidades deportivas de Ferrolterra que aínda está aberto o prazo, ata o vindeiro 7 de xullo, para solicitar unhas subvencións ás que a Xunta de Galicia destina preto de 1,5 millóns de euros

Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta en Ferrol, lembrou durante unha visita ao Club Hípico Equo Alalma, que as entidades deportivas aínda poden solicitar, ata o vindeiro 7 de xullo, as subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos do Goberno galego, destinadas a clubs deportivos, sociedades anónimas e federacións deportivas galegas.

Todos os destinatarios das subvencións poderán recibir anticipos dos pagamentos ata o 100 por cento da axuda. Aneiros, lembrou no Club Hípico, beneficiario na convocatoria anterior, que este ano o orzamento destinado pola Xunta de Galicia a estas subvencións será de preto de 1,5 millóns de euros.

Acompañada da responsable do centro hípico, María Quintela, Aneiros coñeceu de primeira man os investimentos realizados nesta entidade deportiva con cargo a estas axudas da Xunta, consistentes na adquisición de cadeiras de montar e un remolque por un importe de case 9.000 euros.

PUBLICIDADE

Esta convocatoria do Goberno galego pon de manifesto a relevancia do fomento da práctica deportiva, co fin de contribuír á modernización e actualización do material deportivo necesario para o axeitado exercicio das actividades deportivas e mellora das condicións nas que os clubs e federacións desenvolven as súas especialidades deportivas.

Dende o exercicio 2019 e sumando esta nova liña de axudas, a Xunta de Galicia destinou un total de 12 millóns de euros a subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.