Olivia Parga conseguiu a medalla de ouro a primeiros de mes na 3ª xornada da Liga Galega de Karate en Xinzo de Limia, e mañá sábado parte como favorita na Gran Final, en Soutomaior, para subirse ao máis alto do podio do campionato
A karateka amesá do Milladoiro, Olivia Parga, volveu a subirse ao máis alto do podio na terceira e penúltima xornada desta tempada da Liga Galega de Karate, que se disputou a primeiros de mes en Xinzo de Limia. Nesta ocasión, a amesá volveu a acadar a medalla de ouro na modalidade de Kumite Cadete Feminino -47kg Avanzado.
Olivia Parga conseguiu alcanzar a vitoria nesta cita tras dous combates de alto nivel. O primeiro deles, gañando por un axustado 2-2 no que conseguiu pasar de ronda grazas a que foi a primeira en puntuar, e no segundo combate, vencendo con un 3-1.
Tras este triunfo, a deportista de Ames colócase como unha das grandes favoritas para subirse ao máis alto do podio na Gran Final da Liga Galega de Karate que se celebrará mañá sábado 21 de xuño na localidade pontevedresa de Soutomaior.




