PUBLICIDADE

Narón acolle a segunda fase da Liga da Coruña de ximnasia rítmica con 500 deportistas

Izaskum Hernáez, Marián Ferreiro e Ibán Santalla durante a presentación da segunda fase da Liga provincial de ximnasia rítmica que se disputa en NarónIzaskum Hernáez, Marián Ferreiro e Ibán Santalla durante a presentación da segunda fase da Liga provincial de ximnasia rítmica que se disputa en Narón

O pavillón polideportivo da Gándara de Narón acollerá este domingo, día 11 de maio, a segunda fase da Liga provincial da Coruña de ximnasia rítmica, dunha cita deportiva que presentou a alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto ao edil de Deportes, Ibán Santalla, e á presidenta do Club Acordes Narón, Izaskun Hernáez.

Na cita provincial de Narón da ximnasia rítmica, que se desenvolverá nas modalidades individual e en conxuntos das categorías escolar, promoción e prebase, participarán un total de 500 ximnastas, tal e como indicaron dende o club local, dunha cita que está organizada pola Federación Galega de Ximnasia, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, coa colaboran co Club Acordes Narón e o Concello de Narón.

Esta fase da Liga provincial da Coruña de ximnasia rítmica comezará ás dez da mañá, e a competición contará con dúas quendas pola mañá e outras tantas pola tarde, coas súas respectivas entregas de premios ao remate de cada unha delas. A previsión da organización é que o campionato teña finalizado contra as 20:30 horas.

PUBLICIDADE

Ademais das deportistas do Club Acordes Narón (benxamín e alevín escolar; individual promoción alevín e cadete e un conxunto de prebase xuvenil), tamén tomarán parte nesta segunda fase da Liga provincial outras pertencentes a clubs como Compañía de María, CDR As Pontes, Colexio Internacional Obradoiro, Viravolta Santiago, Ximnasia Rítmica Abegondo, Ximnasia Rítmica Compostela, Esquío, Rítmica Coruña, Club Squadra Boqueixón, Rítmica Ausarta, Acordes Pontedeume, entre outros.

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, destacou o feito de poder desenvolver este evento na localidade, desexando moita sorte ás deportistas locais. Así mesmo, felicitou ao Acordes Narón pola súa dilatada traxectoria, animando á cidadanía a acudir a ver esta liga provincial para desfrutar do traballo que realizan todas as deportistas, e por extensión os clubs, que participarán na mesma.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.