PUBLICIDADE

Noelia Juncal, de Oroso, logra o campionato de España de Clubs de Taekwondo WTF

PorBisbarra

Luns, 15 Decembro 2025 , , ,
Noelia Juncal Marzoa tras proclamarse Campioa de España de Clubs de Taekwondo WTFNoelia Juncal Marzoa tras proclamarse Campioa de España de Clubs de Taekwondo WTF

Noelia Juncal Marzoa, deportista de Oroso vén de acadar un novo e destacado éxito deportivo ao proclamarse campioa de España de Clubs 2025 de Taekwondo WTF, nun campionato celebrado o pasado domingo na localidade de La Nucía (Alacant).

Noelia Juncal competiu na categoría cadete -47 kg, unha das máis concorridas do campionato, na que participaron un total de 47 deportistas procedentes de clubs de toda España. Para facerse co título nacional, a taekwondista orosina tivo que superar cinco combates de alto nivel, demostrando un excelente estado de forma, constancia e madurez competitiva pese á súa mocidade.

Na final, Noelia Juncal impúxose á súa compañeira de equipo Alba Figueira, repetindo así a mesma final disputada no Open de Mallorca 2025, celebrado o pasado mes de outubro, no que tamén asinou unha brillante actuación. Este resultado consolida a súa proxección deportiva e sitúaa entre as principais promesas do taekwondo nacional na súa categoría.

PUBLICIDADE

Desde o Concello de Oroso queremos trasladáronlle a súas “máis sinceras felicitacións a Noelia Juncal, así como á súa familia, ao seu club e ao seu equipo técnico, polo traballo, esforzo e dedicación que hai detrás deste importante logro. O seu éxito é motivo de orgullo para todo o municipio e un exemplo de superación, compromiso e valores deportivos para a mocidade de Oroso”, indica nun comunicado.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.