O III Aberto de San Xoán de tenis de Ames se desenvolverá, para as categorías alevín, infantil, cadete, e júnior, do 21 ao 29 de xuño, mentres que o grupo absoluto e os veteráns+35 e +45 disputarán o aberto do 28 de xuño ata o 6 de xullo
O III Aberto de San Xoán de tenis de Ames vén de abrir o seu prazo de inscrición dunha cita que se desenvolverá nas pistas de Aldea Nova, e que organiza o club de tenis do AD Val da Maía en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames.
Así, o prazo de inscrición para participar nesta terceira edición do Aberto de San Xoán de Ames, que se disputa do 21 ao 29 de xuño nas categorías alevín, infantil, cadete e júnior; o Aberto de adultos, do 28 de xuño ao 6 de xullo, nas categorías absoluta e veteráns +35 e +45.
Así, os interesados en participar nas categorías de base poden formalizar as súas inscricións ata o vindeiro 14 de xuño ás 22:00 horas, mentre que os que queiran participar no Aberto de adultos teñen ata o 21 de xuño, tamén ata as dez da noite, para anotarse. A cota de inscrición é de 15 euros para as categorías de base, mentres que para o resto o prezo é de 18 euros. A cota deberá aboarse antes do peche da inscrición a través da plataforma de Ibertenis.
As persoas inscritas poderán participar nun máximo de dúas categorías. Se algunha non acadase o mínimo de seis participantes, a organización reservase o dereito de cancelar dita proba. Tamén, a organización do Aberto de San Xoán establece un máximo de participantes por categoría: 16 deportistas para alevíns, infantís, cadetes e júniors; 16 participantes para os veteráns +35; 32 tenistas no caso da proba absoluta e de 24 xogarodes para o absoluto feminino e veteráns +45.
En caso de que os inscritos superen o máximo de participantes establecido, a orde de prioridade decidirase en función da clasificación nacional vixente. Aqueles inscritos que por prioridade de ranking non sexan incluídos na lista de admitidos no Aberto de tenis, reembolsaráselles o importe da inscrición.
Os horarios dos encontros publicaranse na páxina web de Ibertenis e non serán definitivos ata as 21:00 horas do día anterior ao partido. Os gañadores de cada categoría recibirán como premio un vale dunha comida para dúas persoas en calquera restaurante do grupo Milongas Parrillada.