PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Campionato de Cros Xogade de Ames contou con 2.050 escolares

Campionato de Cros Xogade comarcal de AmesSaída dunha das probas do Campionato de Cros Xogade comarcal de Ames

O Campionato de Cros Xogade desenvolveuse nun circuíto de campo a través en Aldea Nova no que participaron 20 centros de Santiago, Ordes, Arzúa, Vedra, Oroso, Boqueixón, Teo, O Pino, Touro, Frades e Melide

El Campionato de Cros Xogade, que se disputou nun circuíto de Aldea Nova, no Concello de Ames, a primeiros de decembro, contou coa participación de máis de 2.000 escolares, pertencentes a 20 centros educativos dos concellos de Santiago, Ordes, Arzúa, Vedra, Oroso, Boqueixón, Teo, O Pino, Touro, Frades e Melide, nunha cita co deporte escolar organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo e que contou co apoio do departamento de Deportes do Goberno local.

Durante as dúas xornadas, o 3 e 4 de decembro, participaron neste Campionato de Cros Xogade comarcal de Ames un total de 2050 escolares, que correron sobre o novo circuíto de campo a través de Aldea Nova do Concello e que está integrado nunha zona rural e urbana cunha ampla extensión de zona verde e campo.

Trátase dun circuíto que se adapta para realizar probas de campo a través, como a primeira edición do Cros Concello de Ames-Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto, que se disputou o pasado 12 de outubro

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Esta proba serviu para definir os clubs e atletas que disputarán a fase provincial do Campionato de Cros Xogade, e para as cales esteblecéronse dúas clasificacións: individual, según a orde de chegada, e por equipos, na que se suman os puntos obtidos polos catro primeiros corredores de cada centro escolar.

Para o campionato provincial clasificáronse os dous mellores equipos de cada categoría, e os atletas que entraron na meta entre os postos 1 ao 8, e non pertencen aos equipos clasificados. Para a fase provincial os equipos estarán formados por 6 atletas. Pódese variar os corredores que van a formar parte dos equipos clasificados, con respecto aos que participaron na fase comarcal.

Ao final das probas, houbo entrega de trofeos e 6 medallas para os 3 primeiros centros clasificados en cada categoría, así como medallas para os atletas que entraron na meta nos 3 primeiros postos. As clasificacións destas probas pódense consultar na páxina web da Federación Galega de Atletismo.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.