O Concello da Baña, representado polo seu alcalde, José Antonio Pereira, mantivo diferentes xuntanzas cos responsables das entidades deportivas do municipio co obxectivo de concretar e reforzar os acordos de colaboración entre o Concello e o tecido deportivo local.
No marco destes encontros, procedeuse á sinatura dos convenios municipais coa SD A Baña, representada por Leticia Fernández; coa Asociación Cultural e Deportiva A Baña Veteranos, representada por Miguel Villaverde; co Club A Baña Futsal, representado polo seu presidente, Pablo Penido; e coa Asociación Deportiva de Cazadores SanCan, representada por Laurentino Arnejo. Estas entidades desenvolven unha importante labor na promoción do deporte e da actividade física no municipio.
Os convenios inclúen, entre outras medidas, a cesión de instalacións deportivas municipais e unha achega económica que permitirá apoiar o funcionamento e as actividades deportivas ao longo do ano.
Desde o Goberno local destacan que esta actuación forma parte do compromiso do Concello da Baña coa promoción dunha vida activa e saudable, así como co fomento dos valores do deporte, a participación social e o benestar da veciñanza. O Concello da Baña continuará traballando de xeito coordinado coas entidades deportivas para impulsar o deporte base, apoiar o asociacionismo e fortalecer a oferta deportiva municipal.






