PUBLICIDADE

O Concello de Ames será a sede do Campionato do Mundo de Ultrarunners 100K

Saída da 100K do Campionato do Mundo de Ultrarunners, na India no 2024, que este ano e terá a súa sede no Concello de AmesSaída da 100K do Campionato do Mundo de Ultrarunners, na India no 2024, que este ano e terá a súa sede no Concello de Ames

O Concello de Ames convértese na primeira localidade galega e a cuarta de España en organizar a proba mundial de ultrarunners que se disputará o domingo 20 de setembro

O Concello de Ames será a sede do Campionato do Mundo de Ultrarunners 100K, así o anunciou oficialmente, onte á noite, a Asociación Internacional (IAU). A cita deportiva, que organizarán o Concello e a Federación Galega de Atletismo coa colaboración da Real Federación Española de Atletismo, disputarase o domingo 20 de setembro.

Esta elección do Concello de Ames como sede do Campionato do Mundo 100K, é o resultado do traballo realizado conxuntamente entre o goberno local e a Federación Galega de Atletismo na elaboración dun proxecto que puidese competir co resto de sedes candidatas. Para iso, deseñouse un amplo dossier no que se destacaba, entre outros aspectos loxísticos, as capacidades de xestión do Concello, que xa encargouse recentemente, con notable éxito tanto no organizativo como no deportivo, do Campinato de España máster 5K.

No proxecto da candidatura do Concello de Ames, tamén se puxeron en valor as características paisaxísticas e culturais tanto do municipio como de toda a súa contorna que decantou finalmente a decisión final da Asociación Internacional de Ultrarunners de cara aos intereses galegos.

PUBLICIDADE

O concello de Ames será a cuarta ocasión na que o Mundial viaxa a España

Esta é a cuarta ocasión que o campionato viaxa a España nas súas 32 edicións tras as de Santander (1988), Palamós (1992), e Los alcazares (2016) tomando o relevo á organizada en Bangalore (India) no pasado 2024.

A primeira edición deste campionato celebrouse no ano 1987 na localidade belga de Tourhout  de maneira anual (agás algunhas edicións canceladas) ata 2018, ano en que pasa a ser bienal, alternándose co Campionato do Mundo de 24 horas. Está organizado pola International Association of Ultrarunners (IAU), desde 2010 baixo o patrocinio da World Athletics, ano desde o que leva o nome actual, denominándose anteriormente Copa do Mundo de 100 km (ata 1992 e de 2004 a 2009) e Desafío Mundial de 100km (de 1993 a 2003).

Nas cinco primeiras edicións, de 1987 a 1991, España non participou como selección. Si houbo deportistas a título individual. Domingo Catalán foi 1º en 1987 e 1988, con marcas respectivas de 6:19:35 e 6:34:41 horas.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.