PUBLICIDADE

A Copa Deputación de Ourense contará con 78 clubs y 520 equipos participantes

O presidente provincial Luis Menor, dereita, mostra un dos emparellamentos durante o sorteo da 45ª Copa Deputación de Fútbol e Fútbol Sala no Centro Cultural Marcos ValcárcelO presidente provincial Luis Menor, dereita, mostra un dos emparellamentos durante o sorteo da 45ª Copa Deputación de Fútbol e Fútbol Sala no Centro Cultural Marcos Valcárcel

A Copa Deputación iniciou onte, co sorteo das categorías de fútbol 11, fútbol 8 e fútbol sala, a súa 45ª edición que reunirá esta tempada a 9.735 deportistas

A Copa Deputación de Ourense botou a andar onte co sorteo, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, dos equipos que disputarán esta 45ª edición. A Copa terá lugar, por segunda vez na súa historia, nas instalacións do ente provincial, principal promotor desta iniciativa deportiva, unha das que conta con maior participación de toda Galicia.

O presidente da Deputación, Luis Menor, asistiu a este sorteo das categorías fútbol 11, fútbol 8 e fútbol sala, xunto ao vicepresidente da RFGF, José Manuel Fernández; e ao delegado territorial en Ourense da
RFGF, Raúl Rois. Menor lembrou a aposta firme da institución que preside a prol do deporte base e federado que se demostra con numerosas iniciativas, nas que “as Copas Deputación son un dos grandes sinais de identidade do deporte ourensán, ademais do trofeo provincial máis antigo de Galicia”.

A Copa Deputación congrega a máis de 9.500 deportistas

Ata o momento disputáronse 44 edicións, mostra dese arraigo que ten na provincia, sendo a súa vez Copa Deputación máis lonxeva de Galicia. Durante os 10 meses que dura a competición, non existe na provincia un evento futbolístico que supere, en repercusión e seguimento, a Copa Deputación Ourense, que contará cun total de 520 equipos, 123 clubs e 9.735 deportistas.

PUBLICIDADE

A Copa Deputación de Fútbol chegará nesta tempada a 45 concellos e será disputada por un total de 78 clubs con 336 equipos participantes nas súas diferentes categorías. En total, serán 7.400 os deportistas que disputarán as 11 copas de fútbol nas distintas categorías. En canto á Copa Deputación Futsal chegará a 27 concellos da provincia sendo disputada por 184 equipos de 45 clubs, cun total de 2.335 deportistas implicados nas 8 copas nas diferentes categorías.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.