PUBLICIDADE

O Concello do Carballiño renova a iluminación e mellora o sistema de auga quente no campo A Uceira

O Concello do Carballiño vén de rematar a reforma da iluminación e a mellora do sistema de auga quente no campo de fútbol A UceiraO Concello do Carballiño vén de rematar a reforma da iluminación e a mellora do sistema de auga quente no campo de fútbol A Uceira

O Concello do Carballiño vén de rematar as obras de reforma integral da iluminación e das instalacións de ACS (auga quente sanitaria) do campo de fútbol A Uceira. A intervención supón a mellora do rendemento enerxético e a optimización do consumo, garantizando así a eficiencia e sostibilidade do recinto deportivo.

O proxecto impulsado polo Concello do Cobarlliño contou cun orzamento de preto de 80.000 euros procedentes do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.

A renovación do sistema de auga quente incluíu a implantación dun novo sistema de xeración basado nunha bomba de calor xeotérmica que substitúe á caldeira de gasóleo como fonte principal de produción. A antiga instalación presentaba un rendemento moi baixo e elevadas pérdidas enerxéticas, xa que as tuberías de distribución da auga cara aos vestiarios non contaban con illamento térmico. Nesta
liña, o novo sistema conta con redes hidráulicas que garantizan o reparto de auga cun maior rendemento enerxético e operativo.

PUBLICIDADE

Substitución completa das antigas luminarias

Pola súa banda, a actuación na iluminación supuxo a substitución completa das antigas luminarias, tanto no exterior do recinto como no interior dos vestuarios. Deste xeito, os fluorescentes e haloxenuros metálicos renováronse por equipos de tecnoloxía LED co obxectivo de mellorar as condicións lumínicas e de confort para os deportistas e os afeccionados.

O Torneo de Fútbol Reis Magos, celebrado a pasada fin de semana, permitiu poñer a proba as actuacións no campo da Uceira cun moi bo resultado, tanto para os deportistas como para o público. “A competición foi un éxito de organización e participación”, subliña José Castro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.